Saltar ao contido

Gascón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Lingua gascoa»)
Gascón
gascon Editar o valor en Wikidata
 Nome orixinal
    gascon (oc) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Subclase de
Características
 Alfabeto
 Tipoloxía lingüística
 Dialecto de
 Estado de lingua da UNESCO
en perigo
Clasificación lingüística
Cifras e dimensións
 Número de falantes
   250.000 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País
 Mapas
Mapa de distribución
Mapa de localización
Fontes e ligazóns
Freebase/m/0pcdl Editar o valor en Wikidata
ISO 639-3gsc Editar o valor en Wikidata
ISO 639-5gsc Editar o valor en Wikidata
IETFoc-gascon Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O gascón é a variedade máis occidental da lingua occitana, abondo diferente do resto dos dialectos do occitano, non só debido a un substrato vasco, se non que existen diferenzas léxicas, morfolóxicas e sintácticas propias do gascón que non se dan nos outros dialectos.[1] Por estas diferenciacións algúns lingüistas afirmaron e afirman que se trata dunha lingua diferente.[2][3] O gascón está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[4]

Variedades

[editar | editar a fonte]

O gascón divídese en varios subdialectos entre os cales domina por tradición secular a variedade bearnesa (que na parte pirenaica presenta unhas peculiaridades que o afastan do occitano). Estas variedades pirenaicas presentan tendencias peculiares como o artigo eth (feminino era), a conservación posible do son [-a] final átono polo grafema -a final e, máis localmente, uns plurais femininos en [es]. O aranés, un subdialecto do gascón na zona pirenaica, transcribe xeralmente esta particularidade coa grafía -es no canto de -as). O bearnés, ademais das peculiaridades pirenaicas, presenta as mesmas variedades dialectais que o resto do gascón. A única discrepancia que existe hoxe en día é a maneira de escribir a lingua, habendo dúas formas distintas de grafías.

As principais variedades do gascón son:

Gramática, características léxicas e fonolóxicas

[editar | editar a fonte]

A morfoloxía é moi conservadora e o léxico posúe unha serie de palabras características. Entre os préstamos procedentes do aquitano e do vasco antigo inclúense termos alusivos a plantas, animais, paisaxes, agricultura, clima e vida social.

Algunhas características léxicas e fonolóxicas:

  • Nunha parte do territorio gascón (vales de Aspe e Barétous en Béarn) consérvanse as intervocálicas xordas, como nalgúns dialectos aragoneses (natau, do latín natale(m); réco de rica “rego, suco”.
  • O latín f pasa a h: filium > hilh (“fillo”); farina > haria; flore > hlor ("flor")
  • Como o galego e portugués, perda do -n- intervocálico: luna > lua ("lúa")
  • redución de mb > m : celta cumba > coma (“vale”),
  • Como no catalán, nd > n: vendere > béne “vender”);
  • conservación de kw e gw como no ibero-romance (quando pasa a quan; xermánico wardon pasa a guardar “observar, gardar” (mentres que no resto dos dialectos occitanos desaparece o "u").
  • Como o vasco, o gascón desenvolve unha vogal protética ante r- inicial: rota > arròda; *racimu > arrasim.
  1. ↑ Agud Querol, Manuel (1980). Elementos de cultura material en el País Vasco: (nombres de vasijas, recipientes y similares) (en castelán). L. Haranburu. ISBN 978-84-7407-096-5.
  2. ↑ Valcárcel Riveiro, Carlos (2008). Xeolingüística da periferia románica atlántica: linguas e lugares. Univ Santiago de Compostela. p. 492.
  3. ↑ Mundaiz (en castelán). Estudios Universitarios y Tecnicos de Guipuzcoa. 1976.
  4. ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]