Saltar ao contido

László Krasznahorkai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLászló Krasznahorkai

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de xaneiro de 1954 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Gyula Editar o valor en Wikidata
ResidenciaBerlín (1987–) Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Eötvös Loránd (1976–1983)
Universidade de Szeged (1973–1976) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscrita creativa e profesional Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónguionista, escritor, novelista, docente visitante Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1985 Editar o valor en Wikidata -
Compañeiro profesionalBéla Tarr (1987–) Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FillosÁgnes Krasznahorkai, Kata Krasznahorkai Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Sitio webkrasznahorkai.hu Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0470004 Allocine: 88405 Allmovie: p191292 BNE: XX1559252 Bitraga: 4594 Editar o valor en Wikidata

László Krasznahorkai, nado o 5 de xaneiro de 1954 en Gyula (Hungría), é un escritor e guionista húngaro, autor de varias distopías. Adaptou as súas novelas, incluíndo O tango de Satán e A melancolía da resistencia, para películas dirixidas por Béla Tarr. É o gañador do Premio Nobel de Literatura en 2025, "pola súa fascinante e visionaria obra que, en medio do terror apocalíptico, reafirma o poder da arte»[1] [2]

A súa obra Ao norte unha montaña, ao sur un lago, ao oeste uns camiños, ao leste un río foi publicada en galego traducida por Sergio de la Ossa e Veronika Gergely.[3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Familia e educación

[editar | editar a fonte]

László Krasznahorkai naceu o 5 de xaneiro de 1954 en Gyula, Hungría, nunha familia xudía de clase media. O seu pai, György Krasznahorkai, era avogado e a súa nai, Júlia Pálinkás, era administradora da seguridade social.[4] [5] O seu pai ocultou a súa orixe xudía, e só a revelou cando Krasznahorkai tiña once anos.

Graduouse no Erkel Ferenc High School en 1972, especializándose en Latín. Krasznahorkai comezou a estudar Dereito en 1973 na Universidade József Attila (agora Universidade de Szeged), e despois continuou os seus estudos na Universidade Loránd-Eötvös (ELTE) de Budapest a partir de 1976, onde continuou os seus estudos de Dereito ata 1978. En 1977 publicou a primeira novela, titulada Tebenned Hittem, no xornal Mozgó Világ ('Mundo en movemento").

Dende 1978 a 1983, estudou lingua e literatura húngaras na Facultade de Humanidades da Universidade Loránd-Eötvös, onde se graduou. A súa tese centrouse na obra e as experiencias do escritor Sándor Márai tras o seu exilio tras a toma do poder por parte dos comunistas en 1948. Mentres estudaba literatura, traballou na editorial Gondolat Könyvkiadó.

Despois de residir en Berlín, Alemaña, durante varios anos, onde foi profesor convidado S. Fischer na Universidade Libre de Berlín durante seis meses, Krasznahorkai reside actualmente "como un recluso nos outeiros de Szentlászló" en Hungría. Despois de divorciarse da súa primeira esposa, Anikó Pelyhe, coa que casou en 1990, casou coa súa segunda esposa, Dóra Kopcsányi, sinóloga e deseñadora gráfica, en 1997. Ten tres fillas: Kata, Ágnes e Emma.

Carreira literaria

[editar | editar a fonte]

Krasznahorkai converteuse máis tarde en editor, pero abandonou esta profesión para dedicarse por completo á escritura.

En 1985, publicou Tango de Satán (Sátántangó), que recibiu importantes eloxios da crítica. Ao mesmo tempo, comezou unha frutífera colaboración como guionista co director Béla Tarr.

A súa primeira viaxe fóra de Europa do Leste foi en 1987, a Berlín Occidental, para unha estancia dun ano no Deutscher Akademischer Austauschdienst .

O recoñecemento internacional chegoulle en 1989 coa publicación da súa novela A melancolía da resistencia (Az ellenállás melankóliája). O seu amigo, o escritor e gañador do Premio Nobel de Literatura Imre Kertész, afirma: « As súas frases longas e sinuosas encántanme. E mesmo se o seu universo pode parecer escuro ás veces, un ten constantemente a impresión de percibir alí esa transcendencia que, para Nietzsche, representaba unha forma de consolo metafísico»

En 1990, comezou as súas viaxes polo leste asiático (China, Mongolia).

En 1996 foi elixido para o Colexio Científico de Berlín.

No ano 2000, adaptou a súa novela Werckmeister harmóniák para o filme Werckmeister Harmonys, dirixido por Béla Tarr.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Krasznahorkai recibiu o Premio Kossuth en 2004 e o Premio Internacional Booker en 2015.[6]

Citado regularmente entre os autores con probabilidades de recibir o Premio Nobel de Literatura,[7] conseguiuno en 2025.[1]

  • Sátaántangó (1985). (O Tango de Satanás), novela.
  • Kegyelmi viszonyok (1985). Contos.
  • Az ellenállás melankóliája (Melancolia da resistencia) (1989). Novela.
  • Az urgai fogoly (1992).
  • A Théseus-általános (1993). Tres palestras de ficción.
  • Megjött Ézsaiás (1998). Conto
  • Háború és háború (1999). Novela.
  • Este hat; néhány szabad megnyitás (2001). Ensaios.
  • Krasznahorkai Beszélgetések (2003). Entrevistas.
  • Északról hegy, Délről tó, Nyugatról utak, Keletről folyó (Ao norte unha montaña, ao sur un lago, ao oeste uns camiños, ao leste un río, traducida ao galego por Sergio de la Ossa e Veronika Gergely en 2014 para Rinoceronte Editora) (2003). Novela.
  • Rombolás és bánat az Ég alatt (2004). Novela.
  • Seiobo járt odalent (2008). Novela.
  • Az utolsó farkas, (2009). conto.
  • Állatvanbent (2010). Xunto con Max Neumann, colaxe de prosa e fotos.
  • Nem kérdez, nem válaszol. Huszonöt beszélgetés ugyanarról (2012). Entrevistas.
  • Megy a világ, (2013). Contos.
  • "The Bill" (2013). conto.
  • Báró Wenckheim hazatér (2016).
  • The Manhattan Project (2017). Un diario literario cun ensaio fotográfico.
  • Aprómunka egy palotaért (2018). Novela.
  • Mindig Homérosznak (2019). Colección de relatos curtos
  • Hersch 07769 (2021)
  • Zsömle odavan (2024)
  • 1988: Damnation ( Kárhozat ), película húngara dirixida por Béla Tarr, guión orixinal de László Krasznahorkai
  • 1994: Satan's Tango ( Sátántangó ), película húngara dirixida por Béla Tarr, adaptación de László Krasznahorkai da súa novela Satan's Tango
  • 2000: Werckmeister Harmonies ( Werckmeister harmóniák ), película húngara dirixida por Béla Tarr, adaptación por Krasznahorkai da súa propia novela titulada A melancolía da resistencia
  • 2007: The Man from London ( A Londoni férfi ), película húngara dirixida por Béla Tarr, adaptación por Krasznahorkai da novela The Man from London de Georges Simenon
  • 2011: A torinói ló, película húngara dirixida por Béla Tarr, guión orixinal de Krasznahorkai e Béla Tarr

Distincións

[editar | editar a fonte]
  • Premio József Attila, 1987
  • Premio Tibor Déry, 1992
  • Premio SWR á mellor lista de 1993 por A melancolía da resistencia
  • Premio Sándor Márai, 1998
  • Premio das Fundacións da Sociedade Aberta, 2003
  • Premio Kossuth, 2004
  • Premio América de Literatura ,2014
  • Premio Vilenica, 2014
  • Premio Internacional Man Booker, 2015
  • Premio de Arte AEGON 2017
  • Doutor honoris causa pola Universidade Babeș-Bolyai 2019
  • Premio Estatal Austríaco de Literatura Europea 2021
  • Premio Formentor, 2024
  • Premio Nobel de Literatura, 2025
  1. 1 2 "Le prix Nobel de littérature 2025 attribué à l'écrivain hongrois Laszlo Krasznahorkai pour son œuvre "fascinante et visionnaire"". Franceinfo (en francés). 2025-10-09. Consultado o 2025-10-09.
  2. ↑ Diario, Nós (2025-10-09). "O húngaro László Krasznahorkai, Premio Nobel de Literatura 2025". Nós Diario. Consultado o 2025-10-09.
  3. ↑ Lorenzo Gil, César. "Krasznahorkai en galego: arquitectura novelada". biosbardia.org. Consultado o 27 de febreiro de 2026.
  4. ↑ "Krasznahorkai, Laszlo 1954 Encyclopedia.com". www.encyclopedia.com. Consultado o 2025-10-09.
  5. ↑ "He Rarely Stops Writing (Published 2014)" (en inglés). 2014-08-08. Consultado o 2025-10-09.
  6. ↑ Flood, Alison (2015-05-19). "Man Booker International prize 2015 won by 'visionary' László Krasznahorkai". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2025-10-09.
  7. ↑ Meslée, Valérie Marin La (2023-10-04). "László Krasznahorkai obtient le prix Nobel de littérature". Le Point (en francés). Consultado o 2025-10-09.