Saltar ao contido

José Quintas Pena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Quintas Pena
Biografía
Nacemento26 de marzo de 1905 Editar o valor en Wikidata
A Coruña Editar o valor en Wikidata
Morte9 de agosto de 1936 Editar o valor en Wikidata (31 anos)
A Coruña Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónelectricista, sindicalista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obreiro Español Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 3329

José Quintas Pena, nado na Coruña o 26 de marzo de 1905 e finado na mesma cidade o 9 de agosto de 1936, foi un político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Electricista. Foi elixido vicesecretario da directiva do Orfeón El Eco en 1929.[1] Militante da UGT e membro da Agrupación Socialista da Coruña, na que ocupou cargos directivos.[2] Foi administrador de Acción Socialista.[3] Foi apoderado da candidatura da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936.

Delegado provincial do PSOE, co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido canda outros dirixentes sindicais pola continuación da folga xeral. Acusado dos delitos de desobediencia e incumprimento dos bandos de guerra, foi executado no Campo da Rata da Coruña o 9 de agosto canda Cipriano Alvite Alonso, Jaime Rodríguez García, Francisco Ballón Pequeño, Venancio Seoane García e Julio Sabio Sanmartín.[4]

  1. ↑ El Ideal Gallego, 12-11-1929, p. 2.
  2. ↑ La Voz de Galicia, 10-9-1932, p. 4.
  3. ↑ La Voz de Galicia, 12-1-1933, p. 5.
  4. ↑ La Voz de Galicia, 11-8-1936, p. 2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • A represión franquista na comarca da Coruña. Vidas na memoria. A Coruña: Laiovento. 2011. p. 179. ISBN 978-84-8487-288-7.