José Ogea
José Ogea Otero, ás veces José Ojea Otero, nado en Cortegada o 16 de agosto de 1845 e finado no mesmo concello o 3 de decembro de 1909,[1] foi un político, farmacéutico e escritor galego, membro numerario da Real Academia Galega desde a súa fundación.
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 16 de agosto de 1845 Cortegada |
| Morte | 3 de decembro de 1909 Cortegada |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
| Actividade | |
| Ocupación | escritor, político |
| Membro de | |
| Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Enciclopedia Galega Universal Diccionario bio-bibliográfico de escritores |
Traxectoria
editar
Militou no Partido Republicano e participou en pronunciamentos e movementos políticos en favor da Primeira República Española. Foi deputado no Congreso polo distrito de Bande (1873-1874). Ao caer a República, foi perseguido e tivo que exiliarse en Portugal. Co reinado de Afonso XII puido regresar á súa casa de Cortegada onde se dedicou a escribir.
Foi amigo dos grandes intelectuais do Rexurdimento como Manuel Curros Enríquez (ao que lle escribiu o prólogo de Aires da miña terra) e Manuel Murguía (que prologou a súa obra Célticos. Cuentos y leyendas de Galicia).
Obras
editarEntre outras:
- La visión dantesca. Vigo: Imp. de M. Fernández Dios, 1882.
- Céltigos. Cuentos y leyendas de Galicia. Ourense: Imp. por Antonio Otero, 1883. Prólogo de Murguía.
- El mundo rural. Cuadros de costumbres. A Coruña: Andrés Martínez, 1890. Reedición na Biblioteca Gallega de Martínez Salazar.
- Olas rugientes: estudio dramático-filosófico. Ourense: Imp. de El Miño, 1898.[2]
- No seminario da Habana, La Tierra Gallega, dirixido por Curros Enríquez, publicou a novela Regalo de la vida, que comezou a saír no nº 60 (1895).
- No semanario En Marcha, da mesma capital, viu a luz en 1906 a novela Gentes sencillas.
Notas
editar- ↑ "José Ojea Otero". Real Academia Galega.
- ↑ Ogea, José (1898). Olas rugientes estudio dramático - filosófico. Galiciana. Biblioteca dixital de Galicia.
Véxase tamén
editar| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José Ogea |
Bibliografía
editar- O farmacéutico e deputado de Cortegada. José Ojea. Ourense: Deputación Provincial de Ourense ; Real Academia Galega. 2016. ISBN 978-84-16643-02-8.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. pp. 501–502.
- Liñares Giraut, Amancio (2005). "OGEA, José". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Murguía, Manuel (1909). "Necrología: José Ojea". Boletín de la Real Academia Gallega (31): 166–167.