Saltar ao contido

Jamestown, Santa Helena

Jamestown, Santa Helena
 Nome orixinal
    City of Jamestown (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Epónimo
Datas
 Fundación / creación
1659 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Coordenadas
 Mapas
Mapa de localización
Cifras e dimensións
 Poboación
   714 (2016) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   3,6 km² Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
VIAF132268024 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/030hdq Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Jamestown é a capital do territorio de Santa Helena, Ascensión e Tristan da Cunha, situada na illa de Santa Helena no océano Atlántico sur, é a capital e a única cidade de Santa Helena. Ten unha poboación de arredor de 630 persoas.. Tamén é o principal asentamento histórico da illa e atópase na súa costa noroeste. É o único porto e o centro da rede viaria e de comunicación da illa. Fundouse cando colonos da Compañía Británica das Indias Orientais se instalaron na illa en 1659 e foi ocupada brevemente pola Compañía Holandesa das Indias Orientais en 1673 antes de ser recuperada. Moitos dos edificios construídos pola Compañía Británica das Indias Orientais na década de 1700 sobreviven e dan á cidade o seu distintivo sabor xeorxiano.

A cidade albergou brevemente a Napoleón en 1815 durante o exilio en Santa Helena e máis tarde serviu como base da Royal Navy para suprimir o comercio de escravos. Non tivo ningún papel durante a primeira guerra mundial e só tivo un papel menor durante a segunda guerra mundial.

Historia e localización

[editar | editar a fonte]

Jamestown fundouna en 1659 a Compañía Británica das Indias Orientais e chamouse así por James, Duque de York, o futuro Xacobe II de Inglaterra. Está rodeada por desfiladeiros escarpados. A cidade está caracterizada pola presenza de edificacións de estilo gregoriano e pola súa zona portuaria, que se conserva case en estado orixinal. O lugar máis prominente da cidade é Jacob's Ladder, unha escaleira de man con 699 chanzos construída en 1829, que conecta Jamestown coa gornición en Ladder Hill, aínda usada na actualidade.

Poboación

[editar | editar a fonte]

En 2016, a cidade tiña 630 habitantes,[1] un descenso significativo desde o ano 2008 no que a poboación era de 714 habitantes.[2] A poboación da cidade diminuíu e xa non é o maior asentamento na illa, superada por Half Tree Hollow, Saint Paul's e Longwood.[1]

Jacob's Ladder.
  1. 1 2 "St Helena 2016 Population & Housing: Census Summary Report" (PDF). Census 2016. St Helena Statistics Office. p. 12. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de outubro de 2016. Consultado o 21 de novembro de 2016.
  2. ↑ "2008 Population Census of St Helena" (PDF). St Helena Government. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de decembro de 2016. Consultado o 21 de setembro de 2016.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]