Irene Montero
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (es) Irene María Montero Gil 13 de febreiro de 1988 (38 anos) Madrid |
Representa: Podemos 16 de xullo de 2024 – Lexislatura: X lexislatura do Parlamento Europeo Circunscrición electoral: España Electa en: eleccións ao Parlamento Europeo de 2024 | |
Representa: Unidas Podemos 13 de xaneiro de 2020 – 20 de novembro de 2023 ← Bibiana Aído – Ana Redondo García → | |
Representa: Unidas Podemos 3 de decembro de 2019 – 17 de agosto de 2023 Lexislatura: XIV lexislatura do Congreso de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid | |
| 14 de maio de 2019 – 3 de decembro de 2019 (disolución do parlamento) Lexislatura: XIII Congreso de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid | |
| 8 de xullo de 2016 – 21 de maio de 2019 Lexislatura: XII lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid | |
| 5 de xaneiro de 2016 – 19 de xullo de 2016 Lexislatura: XI lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid | |
| Datos persoais | |
| Residencia | Galapagar |
| País de nacionalidade | España |
| Ideoloxía política | Socialismo e feminismo |
| Relixión | Ateísmo |
| Educación | Universidade Autónoma de Madrid - psicoloxía (2006–2011) Colegio Siglo XXI (en) |
| Altura | 1,64 m |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Feminismo |
| Lugar de traballo | Madrid |
| Ocupación | Política e psicóloga |
| Partido político | Podemos (2014–) |
| Membro de | Xuventude Comunista (2004–valor descoñecido) |
| Salario base | 77.478 € |
| Familia | |
| Parella | Pablo Iglesias Turrión (2016–) |
| Pais | Clemente Montero |
| Premios | |
| |
Irene María Montero Gil, nada en Madrid o 13 de febreiro de 1988, é unha política e psicóloga española, membro da dirección de Podemos. Deputada por Madrid da lexislatura XII do Congreso dos Deputados. Antiga Voceira do Grupo Confederal Unidos Podemos -En Comú Podem -En Marea no Congreso e actual eurodeputada. É licenciada en Psicoloxía, ten un máster en Psicoloxía da Educación (2013) e foi investigadora na Universidade Autónoma de Madrid.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou no colexio Siglo XXI do barrio de Moratalaz en Madrid. Afiliouse á Xuventude Comunista (UJCE) ós 16 anos.[2] É licenciada en Psicoloxía, ten un máster en Psicoloxía da Educación (2013) e é investigadora na Universidade Autónoma de Madrid.[3] Uniuse a Podemos xunto a Rafael Mayoral tras as eleccións ao Parlamento Europeo de 2014.
En novembro de 2014, tras ser candidata ó Consello Cidadán de Podemos, foi nomeada responsable de Movementos Sociais.[4][5] Ademais, comezou a dirixir o gabinete do líder de Podemos, Pablo Iglesias, a súa actual parella.[6]
Durante a campaña electoral previa ás eleccións do 20 de decembro de 2015, Pablo Iglesias afirmou que sería a vicepresidenta e ministra da Presidencia dun hipotético goberno de Podemos.[7]
É membro da Mesa de Coordinación de Podemos, secretaria de Acción no Congreso e xefa do gabinete de Pablo Iglesias, secretario xeral do partido.
Ministra de Igualdade
[editar | editar a fonte]En 2020, Pedro Sánchez resulta elixido de novo, tralas eleccións xerais de novembro de 2019. Tralo pacto entre PSOE e Podemos, acádase un acordo para formar goberno de coalición en España por primeira vez na súa historia moderna, trala experiencia da Fronte Popular durante a Segunda República. Irene Montero -con 31 anos- chega ó Goberno desta forma e é nomeada ministra, coa mesma idade que tiña a que foi a primeira ministra de Igualdade de España, a socialista Bibiana Aído, cando o presidente José Luis Rodríguez Zapatero a puxo á fronte desa nova carteira, e converteuna na ministra máis nova da historia de España. A dirixente de Podemos igualou este récord.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Consulta los currículos de la dirección de Podemos". Cinco Días.
- ↑ "Irene Montero, la mujer que programa a Pablo Iglesias". La Vanguardia.
- ↑ "Consulta los currículos de la dirección de Podemos". Cinco Días. 15 de novembro de 2014. Consultado o 11 de decembro de 2015.
- ↑ "Irene Montero y Juan Manuel del Olmo, candidatos al Consejo Ciudadano de Podemos: "Un proyecto de construcción de voluntad popular para el cambio político"". Tercera Información.
- ↑ "Esta es la lista de miembros de la nueva dirección de Podemos". Huffington Post.
- ↑ "Irene Montero y Pablo Iglesias anuncian que serán padres de “dos criaturas”". El País (en castelán). 1 de abril de 2018. Consultado o 1 de abril de 2018.
- ↑ "Irene Montero, la Soraya de Podemos". El Mundo.
- ↑ Press, Europa (9 de xaneiro de 2020). "Irene Montero, ministra de Igualdad tras una carrera meteórica que empezó a los 16 años en la Juventud Comunista". www.europapress.es. Consultado o 11 de xaneiro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Irene Montero |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Irene Montero Gil Arquivado 14 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine., na páxina oficial de Transparencia de Podemos. (en castelán)
- Nados en 1988
- Nados en Madrid
- Políticos de Podemos
- Alumnos da Universidade Autónoma de Madrid
- Deputados no Congreso dos Deputados (XIV Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (XIII Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (XI Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (XII Lexislatura)
- Ministros de España
- Ministros do Goberno de España da XIV Lexislatura
