Saltar ao contido

Igrexa de San Martiño de Lalín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de San Martiño de Lalín
Lalín de Arriba Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Dedicado a
 Relixión
Implicados
 Dedicado a
Localización
 Situado en
 Situado na entidade eclesiástica
 Diocese
 Coordenadas
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 141709
Wikidata C:Commons

San Martiño de Lalín é unha igrexa románica no século XII de Lalín, situada fóra do núcleo urbano, no lugar de Lalín de Arriba.

É de planta de nave e ábsida rectangular. Orixinalmente servía un mosteiro fundado cara ao ano 980 polo bispo de Mondoñedo Arias Peláez (segundo o testamento da súa sobriña Adosinda datado en 1019).

A comezos do século XX construíuse a igrexa de Santa María das Dores de Lalín no centro da vila, e a de San Martiño, un pouco afastada da poboación, estivo a piques de derrubarse pero a oposición dos veciños impediuno, e en 1905 oito fregueses mercáronlle o templo á diocese de Lugo.[1]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. ↑ "Historia". Iglesia de Lalín.