Saltar ao contido

Harappa

Harappa
Sahiwal District (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Nome orixinal
    ہڑپہ‎ (ur) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
    ہڑپہ‎ (ur) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Características
 Cultura
Implicados
 Inventor/a ou descubridor/a
Cifras e dimensións
 Fuso horario
   UTC+05:00 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Coordenadas
Fontes e ligazóns
VIAF235928336 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/03nzx Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
 Descrito pola fonte
Wikidata C:Commons

Harappa é un importante sitio arqueolóxico neolítico na provincia do Punjab, no nordeste de Paquistán. É un dos sitios que definen a civilización do val do Indo, tamén coñecida como a civilización de Harappa.[1]

Está situado a 8 quilómetros ao sur da marxe esquerda do río Ravi (hai 3.000 anos, o río pasaría a poucos metros da cidade), a 35 quilómetros ao suroeste de Sahiwal, a 185 quilómetros ao suroeste de Lahore e a 1.000 quilómetros ao nordeste de Karachi (na costa do mar Arábigo).

A pequena cidade moderna de Harappa está construída a 7 quilómetros ao sueste das ruínas da antiga cidade fortificada.

Cidade antiga

[editar | editar a fonte]

A mediados do século XIX, as ruínas foron saqueadas, deixando atrás os impresionantes restos da cidade antiga. Entre 1872 e 1873, o forte foi escavado polo equipo arqueolóxico de Alexander Cunningham.

En 1920, o equipo de Rai Bahadur Daya Ram Shani comezou unha escavación máis profunda. O seu traballo e o dos seus contemporáneos, tanto en Harappa como na antiga cidade de Mohenjo-Daro permitiu que o mundo coñecese esta civilización esquecida.

Nas décadas de 1930 e 1940, outros arqueólogos continuaron a escavación, até que en 1946, Sir Mortimer Wheeler descubriu os restos da muralla da cidade.

Os arqueólogos cren que a antiga cidade de Harappa foi un asentamento urbano que dominaba a zona ao norte do río Indo.

  1. ↑ "Harapana (escritura)". www.ucm.es; Quid est liber: proyecto de innovación para la docencia en libro antiguo y patrimonio bibliográfico. Consultado o 2026-04-24.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]