Saltar ao contido

Hamilton, Nova Zelandia

Hamilton, Nova Zelandia
 Nome orixinal
Kirikiriroa (mi)
Hamilton (en-nz) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Fotomontaxe
 Instancia de
 Epónimo
Localización
 Situado en
 Situado na entidade xeográfica
 Continente
 Irmandado con
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
160.911 (2018) censo de Nova Zelandia de 2028
169.300 (2018) estimación
176.500 (2020) estimación Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   110,8 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   40 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
VIAF144757840 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0lw_s Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

Hamilton é unha cidade da Illa Norte de Nova Zelandia, cunha poboación estimada duns 169.300 habitantes (2018), o que fai dela a cuarta cidade máis grande do país, por detrás de Auckland, Wellington e Christchurch. A cidade está situada na rexión de Waikato, na beira do Lago Rotorua, a uns 130 quilómetros ó sur de Auckland.

Os primeiros misioneiros que visitaron a zona fixérono polo ano 1830. Unhas décadas despois, en 1863, cando os primeiros colonos occidentais se asentaron na zona, a maioría dos 3.400 maorís que vivían alí deixaron os seus fogares para loitar fronte ós británicos nas liortas que tiñan lugar mais ó oeste. Unha vez rematas as Guerras Maorís (1845-1872), comezou a construción do ferrocarril que xuntaba Hamilton con Auckland, inaugurado en 1877. Dous anos despois estreouse a primeira ponte sobre o río Hamilton, para unir Hamilton East con Hamilton West.

Aínda que a cidade naceu no seu tempo como un centro de servizos para unha rexión agrícola, co tempo acabou converténdose nunha cidade universitaria cuns 40.000 estudantes, na que ten moita importancia a investigación científica e tecnolóxica.

Actualmente Hamilton ten 3 universidades. A Universidade de Waikato inaugurouse en 1964, o Instituto de Tecnoloxía de Waikato en 1968, e a Te Wānanga o Aotearoa en 1993.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Os 203.400 habitantes da cidade son o 65'3% descendentes de europeos, o 19'9% maorís, o 10'6% descendentes de asiáticos orientais, e o resto son descendentes de diversas etnias do Pacífico, África, Oriente Medio, India etc.

Na cidade de Hamilton, ó igual que no resto do país, o rugby é o deporte máis importante. O Waikato Rugby Union disputa cada ano a ITM Cup (liga neozelandesa de rugby), acadando a vitoria nos anos 1992 e 2006. Por outra banda, os Waikato Chiefs compiten no torneo Super Rugby (máxima competición de rugby do Hemisferio Sur) dende 1996, acadando o subcampionato no ano 2009. Ámbolos dous equipos xogan como locais no Waikato Stadium, que pode acoller a 30.000 seareiros, e no cal se disputaron tres encontros da Copa do Mundo de Rugby 2011.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]