García I de León

Rei de Galiza

García I de León, nado cara ao ano 871 e finado en Zamora o 19 de xaneiro de 914, foi o primeiro rei da Galicia altomedieval[1] que instalou a súa corte na cidade de León, gobernando entre os anos 910 e 914.

Modelo:BiografíaGarcía I de León

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento870 Editar o valor en Wikidata
Morte19 de marzo de 914 Editar o valor en Wikidata (43/44 anos)
Zamora Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturapanteón real da catedral de Oviedo Editar o valor en Wikidata
Monarca do Reino de León
910 – 914
← Afonso III de Oviedo – Ordoño II de Galicia e León → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaDinastía asturleonesa Editar o valor en Wikidata
CónxuxeMuniadona Muñoz Editar o valor en Wikidata
PaisAfonso III de Oviedo Editar o valor en Wikidata  e Ximena Garcés Editar o valor en Wikidata
IrmánsFroila II
Ordoño II de Galicia e León Editar o valor en Wikidata
Sinatura

Enciclopedia Galega Universal: 129485

Traxectoria

editar
Estatua de García I no Parque do Retiro

Foi o fillo primoxénito de Afonso III e de Ximena Garcés, filla do rei de Navarra. No ano 896 casou con Munia Donna (tamén citada como Mummadonna ou Mumma Donna), a filla do conde castelán Munio Muñoz. Co apoio do seu sogro, e da súa nai, a raíña, liderou unha sublevación para apartar do trono o seu pai Afonso. Fracasada a conspiración nun primeiro momento, foi feito prisioneiro. Porén, os seus partidarios conseguiron impoñerse forzando a abdicación do rei e a súa conseguinte coroación.[2]

A alta nobreza da Galiza medular opúxose a estas mudanzas. Nunha asemblea celebrada en Lugo no 7 de xuño de 910, escolleron como monarca ao seu irmán Ordoño II.[3] Ordoño estaba casado con Elvira Mendes, a filla do máis importante conde galego: Hermenexildo Goterres, antigo mordomo maior de Afonso III.

O terceiro irmán Fruela II, retivo o goberno de Oviedo e da franxa costeira cantábrica, se ben rendendo vasalaxe a Ordoño.[4]

García trasladou a capital galega[5] desde Oviedo até a cidade de León[6][7] de xeito definitivo. Con soberanía tan só na meseta leonesa, durante o seu período fortaleceu a parte oriental do reino repoblando Roa, Osma, Clunia e máis San Esteban de Gormaz.

En 914, durante unha campaña militar na Rioxa, recibiu diversas feridas a consecuencia das cales faleceu en Zamora o 19 de marzo.

Sen descendencia propia, Ordoño II ascendeu ao trono na capital leonesa.

  1. ↑ López Carreira, Anselmo (2008). O reino medieval de Galicia. A Nosa Terra. p. 228. Garcia fillo de Afonso, rei dos galegos (citando a Ibn Haián e al-Razí)
  2. ↑ Álvarez Álvarez, César. "García I". Real Academia de la Historia (en castelán). Consultado o 2022-10-08.
  3. ↑ Álvarez Álvarez, César. "Ordoño II". Real Academia de la Historia (en castelán). Consultado o 2022-10-05.
  4. ↑ López Carreira (2008). p.308
  5. ↑ Conde, Jose Antonio (1844). Historia de la dominación de los árabes en España. p. 406. Medina Leionis capital de Galicia
  6. ↑ Risco, Manuel (1784). España Sagrada. p. 429. in civitate quae vocatur Legio, territorio Gallecie
  7. ↑ Sáez, Emilio (1969). Colección documental del Archivo de la Catedral de león (775-1230):I (785-952). Centro de Estudios e Investigación "San Isidoro". in Legione de Galletia

Véxase tamén

editar
Os reis e as raíñas da Galiza
"Ordoño II e Elvira Mendes. Uns reis galegos en loita contra Castela" (Nós Diario, 22.9.2022)

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar
Reino de Galicia

Segue a:
Afonso III
García I de León
Precede a:
Ordoño II
Dinastía dos Ramírez (842-910)