GOG.com

plataforma de distribuición dixital para videoxogos e películas

GOG.com (anteriormente Good Old Games) é unha plataforma de distribuición dixital para videoxogos e películas. É operado por GOG sp. z o.o., unha subsidiaria propiedade de CD Projekt con sede en Varsovia, Polonia.[1][2] GOG.com ofrece videoxogos libres DRM a través da súa plataforma dixital, dispoñible para Microsoft Windows, macOS e Linux.[3][4]

 GOG.com
Logotipo
 Instancia de
 Medio usado
Características
 Lingua usada
 Forma xurídica
 Industria
 Produto ou servizo
 Linguaxe de programación
PHP Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Propietario/a
 Matriz
 Membro de
Datas
 Fundación / creación
1 de agosto de 2008 Editar o valor en Wikidata
 Data de estrea
9 de xaneiro de 2024 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 País
Fontes e ligazóns
Freebase/m/04n21cd Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
 Puntuación da crítica
3.2/5 Trustpilot Editar o valor en Wikidata
Facebook: gogcom Twitter: gogcom Bluesky: gog.com Twitch: gogcom GitHub: gogcom Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Características

editar

Os bens dixitais (videoxogos e filmes) poden ser comprados, descargados en liña e distribuídos sen xestión de dereitos dixitais.[5] Os produtos dixitais de GOG.com entregarse a outras persoas a través de certificados de regalo canxeables.[6]

O usuario non ten que instalar un cliente de software especial para descargar ou executar os xogos,[7] aínda que esta dispoñible un xestor de descargas, que se eliminará gradualmente,[8] e GOG Galaxy. Despois da descarga, o consumidor é libre de usar o software para calquera uso persoal como instalalo en múltiples dispositivos,[9] gardalo en calquera medio de almacenamento persoal por tempo ilimitado, modificalo e parchéalo; coa restrición de que non se pode revendelo nin compartilo.[10] Os instaladores son tecnicamente independentes da conta do cliente, aínda que están suxeitos ao EULA de GOG.com, onde utilizase a formulación "con licenza, non vendido".[10] O modelo "con licenza, non vendido" frecuentemente expón dúbidas sobre a propiedade dos bens dixitais.[11] Na Unión Europea, o Tribunal Europeo de Xustiza sostivo que un titular dos dereitos de copyright non pode opoñerse a revenda de software dixital, de acordo coa regra de esgotamento dos dereitos de autor na primeira venda cando se transfire a propiedade, polo tanto cuestiona o EULA "con licenza, non vendido".[12][13][14][15][16][17]

Xunto cos xogos, os compradores tamén poden descargar numerosos materiais extra relacionados co xogo que compraron. Poden incluír neses extras a banda sonora orixinal do xogo (en parte como FLAC),[18] fondos de pantalla, avatares, e manuais. GOG.com tamén ofrece atención ao cliente para todas as compras e garantía de devolución do diñeiro nos primeiros 30 días.[19]

  1. ↑ "Company-reorganization". GOG.com. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2017. Consultado o 1 de novembro de 2017.
  2. ↑ "Shape your career with GOG.com". GOG.com. Consultado o 20 de xaneiro de 2014.
  3. ↑ Nunneley, Stephany (24 de marzo de 2012). "GoG.com to become "bigger, fresher, newer" on March 27". VG24/7. Consultado o 9 de novembro de 2014.
  4. ↑ Vilches, Jose (19 de outubro de 2012). "Good Old Games brings all-time classics to the Mac". TechSpot. Consultado o 5 de decembro de 2012.
  5. ↑ Caron, Frank (25 de setembro de 2008). "Good Old Games and the 'idiocy' of DRM". Ars Technica. Consultado o 27 de setembro de 2008.
  6. ↑ Website Help Gift certificates en GOG.com
  7. ↑ Caron, Frank (9 de setembro de 2008). "First look: GOG revives classic PC games for download age". Ars Technica. Consultado o 27 de setembro de 2008.
  8. ↑ "GOG Galaxy FAQ". Consultado o 14 de maio de 2015.
  9. ↑ "GOG.com FAQ". GOG.com. 27 de decembro de 2014. Consultado o 27 de decembro de 2014.
  10. 1 2 "Academia.edu". Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2020. Consultado o 27 de febreiro de 2023.
  11. ↑ Walker, John (1 de febreiro de 2012). "Thought: Do We Own Our Steam Games?". Rock, Paper, Shotgun. Consultado o 27 de decembro de 2014.
  12. ↑ Purewal, Jas. "The legality of second hand software sales in the EU". gamerlaw.co.uk.(mirror Arquivado 07 de agosto de 2020 en Wayback Machine. on gamasutra.com)
  13. ↑ hg/mz (AFP, dpa) (3 de xullo de 2012). "Oracle loses court fight over software resale rules". Deutsche Welle. Consultado o 30 de decembro de 2014.
  14. ↑ Voakes, Greg (3 de xullo de 2012). "European Courts rule in Favor of Consumers reselling downloaded Games". Forbes. Consultado o 30 de decembro de 2014.
  15. ↑ "Judgment of the Court (Grand Chamber)". InfoCuria – Case-law of the Court of Justice. 3 de xullo de 2012. Consultado o 30 de decembro de 2014.
  16. ↑ Timothy B. Lee (3 de xullo de 2012). "Top EU court upholds right to resell downloaded software". Ars Technica.
  17. ↑ "EU Court OKs Resale of Software Licenses". ABC News. Associated Press.
  18. ↑ Devore, Jordan (31 de xaneiro de 2014). "How nice: GOG.com adds 31 FLAC soundtracks". Destructoid. Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2014. Consultado o 17 de xuño de 2014.
  19. ↑ Griffiths, Daniel Nye (9 de decembro de 2013). "Good Guy GOG? Online Games Merchant Offers Money-Back Guarantee". Forbes. Consultado o 29 de decembro de 2013.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar