Saltar ao contido

Fujian

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fujian
 Nome oficial
    福建省 (zh-cn) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Características
Implicados
 Xefe do goberno
Su Shulin (en) Traducir (2011 - 2015)
Zhao Long (en) Traducir (2021 - ) Editar o valor en Wikidata
 Órgano lexislativo
 Órgano executivo
 Ten en propiedade
Historia
 Substitúe
福建省 (1912 - 1949) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Capital
 Comparte fronteira con
 Contén división administrativa
Fuzhou
Zhangzhou (pt) Traducir
Nanping (pt) Traducir
Longyan (pt) Traducir
泉州
Putian (pt) Traducir
Sanming (pt) Traducir
Xiamen
Ningde (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Irmandado con
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
 PIB nominal
   4.390.390.000.000 ¥ (2020) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   121.400 km² Editar o valor en Wikidata
 Punto máis alto
   2.158 m Mount Huanggang (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
OpenStreetMap553303 Editar o valor en Wikidata
VIAF147747721 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0m5pn Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
BNE: XX4799739
Wikidata G:Commons C:Commons

Fujian (en chinés: 福建; pinyin: Fújiàn; Wade-Giles: Fu-chien) é unha provincia do sueste da China. As súas fronteiras están delimitadas por Zhejiang no norte, Jiangxi no oeste, Guandong no sur e o estreito de Taiwán no leste. A súa capital é Fuzhou, mais a cidade máis poboada é Quanzhou; outras localidades de relevancia son as urbes portuarias de Xiamen e Zhangzhou. Pola súa situación na costa oeste do país, é a provincia da República Popular da China máis próxima xeográfica e culturalmente a Taiwán. Malia a súa separación tras a guerra civil chinesa, unha pequena área da rexión histórica de Fujian permanece baixo dominio taiwanés.

Malia que o groso da poboación se identifica coma han, é unha das provincias máis diversas da China a nivel cultural e lingüístico. Destacan os dialectos do chinés min, incluíndo os de Fuzhou e o min oriental (no noroeste da provincia) e variedades do min meridional e do hokkien (no suroeste).

Cunha poboación de 41.5 millóns de persoas, é a décimo quinta provincia da China en termos demográficos. En 2022, o seu PIB alcanzou os 5.31 billóns de iuans (790 000 millóns de dólares estadounidenses), o oitavo máis alto do país e o cuarto da zona leste. A súa renda per cápita está por enriba da media nacional, nuns 126,829 iuans (18,856 dólares), o segundo maior da China tras Jiangsu.[1]

Fujian destaca pola súa industria educativa e de investigación. A data de 2023, dúas das súas cidades estaban entre as 45 principais do mundo en produtividade académica segundo o índice de Nature: Xiamen (número 38) e Fuzhou (número 45).[2]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

A voz "Fujian" (en chinés: 福建) procede da combinación dos nomes das principais cidades da rexión: a súa capital, Fuzhou (en chinés: 福州), e a veciña Jianzhou (en chinés: 建州), na actualidade coñecida como Nanping (en chinés: 南平).

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Fujian é montañosa e, segundo un dito popular, "oito partes de montaña, unha parte de auga e outra de leiras" (en chinés: 八山一水一分田; pinyin: Bā shān yī shuǐ yī fēn tián). A rexión do noroeste está a maior altitude, coas montañas Wuyi creando unha barreira natural entre Fujian e Jiangxi. O seu cumio máis elevado, o monte Huanggang, con 2 157 metros de altura, sitúase nesta zona. Conta coa meirande superficie de bosques de todas as provincias da China, cunha cobertura forestal do 62.96% a data de 2009.[3]

Ao leste de Fujian atópase o Mar da China Oriental; ao sur, o Mar da China Meridional; e ao sueste, o estreito de Taiwán. A súa costa é pedregosa, con moitas baías e illas. Entre as illas máis importantes, destacan Quemoy (tamén coñecida como Kinmen, controlada pola República Popular da China), Haitan e Nanri. A illa de Meizhou ocupa un lugar central no culto da deusa Matsu, patroa dos mariñeiros chineses.

O río Min e os seus afluentes pasan por gran parte do norte e o centro de Fujian. Outros ríos destacables son o Jin e mais o Jiulong. Debido aos desniveis da súa topografía, Fujian ten numerosos cantís e rápidos.

Fujian atópase a uns 180km de Taiwán, separados por un estreito. Algunhas das pequenas illas desta franxa marítima pertencen á provincia. Porén, as illas de Quemoy e Matsu pertencen á República da China.

Así mesmo, Fujian ten moitas fallas debido á colisión das placas eurasiática e filipina. As zonas de falla de Changle-Naoao e Longan-Jinjiang sepáranse unha media de 3 a 5 milímetros anuais. Por esta razón, existe a posibilidade de importantes tremores de terra no futuro.[4]

O clima de Fujian é subtropical, e os seus invernos suaves. En xaneiro, a rexión alcanza unha media de entre 7 e 10 °C na costa e entre 6 e 8 °C nas rexións de montaña. No verán, as temperaturas son altas, e a provincia vese afectada por tifóns procedentes do Pacífico. A media anual de precipitacións é varía entre os 1400 e os 2000 milímetros.

Transporte

[editar | editar a fonte]

A data de 2012, existían 25 876km de estradas en Fujian, entre os que se incluían uns 3 500km de autoestradas. A principais infraestruturas neste ámbito son a autoestrada de Zhangzhou-Zhaoan e a de Sanmingshi-Fuzhou.

Ferrocarril

[editar | editar a fonte]

Debido á súa xeografía montañosa e á súa tradicional dependencia do transporte marítimo, as vías férreas apareceron en Fujian de xeito tardío en relación co resto do país. As primeiras conexións por tren a Jiangxi, Guangdong e Zhejiang inauguráronse en 1959, 2000 e 2009, respectivamente.

  1. ↑ "National Data". data.stats.gov.cn. Consultado o 2025-12-31.
  2. ↑ "Leading 200 science cities - Supplements - Nature Index". www.nature.com. Consultado o 2025-12-31.
  3. ↑ "Forestry in Fujian province". english.forestry.gov.cn. Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2012. Consultado o 21 de xaneiro do 2010.
  4. ↑ Fan, Guo & Xu 2017.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Fan, Hailong; Guo, Jianming; Xu, Shiyang (2017). "Neotectonic interpretations and PS-InSAR monitoring of crustal deformations in the Fujian area of China". Open Geosciences (en inglés) 9 (1): 126–132. ISSN 2391-5447. doi:10.1515/geo-2017-0010.