Filoloxía
| Filoloxía | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||
Denomínase filoloxía á parte da lingüística dedicada ó estudo dos textos, tanto na súa vertente etimolóxica, lexicolóxica, gramática histórica e literaria coma de conservación e restauración física das obras (inda que agora se adoita utilizar para este eido o nome de Biblioteconomía e Restauración). Se ben a súa etimoloxía indica que debería significar "afección ó coñecemento" en xeral (de filo- e mais -logos), en realidade redúcese ó coñecemento lingüístico. Aplícase por extensión a todo o coñecemento lingüístico, e polo tanto as carreiras chamadas antigamente de "Filosofía e Letras" e logo "Lingua e Literatura" dunha determinada lingua véñense chamando "Filoloxía" desa lingua.

Ensino en Galicia
[editar | editar a fonte]Ata a década dos anos 1980, os estudos de filoloxía galega adscribíanse coma unha sección de filoloxía hispánica chamada especialidade en Filoloxía galego-portuguesa, pero logo foron segregados coma unha carreira á parte. Na actualidade a filoloxía galega estúdase nos campus de Santiago, A Coruña e Vigo. No ensino universitario galego, as filoloxías están centradas tradicionalmente na Universidade e Campus de Santiago de Compostela, se ben coa segregación das universidades coruñesa e viguesa puxéronse en funcionamento centros e facultades en varios campus.
A distribución das facultades de filoloxía nos campus galegos é a seguinte:
| Universidade de Santiago de Compostela | Campus de Santiago | Filoloxías galega, hispánica, inglesa, francesa, italiana, alemá, portuguesa, románica e clásica.[1] |
| Campus de Lugo | Filoloxía hispánica.[2] | |
| Universidade da Coruña | Campus da Coruña | Filoloxía galega, hispánica e inglesa.[3] |
| Campus de Ferrol | Non hai filoloxías. | |
| Universidade de Vigo | Campus de Vigo | Filoloxía galega, hispánica, inglesa (e Tradución e interpretación).[4] |
| Campus de Pontevedra | Non hai filoloxías. | |
| Campus de Ourense | Non hai filoloxías. |

Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Filoloxías galega, hispánica, inglesa, francesa, italiana, alemá, portuguesa, románica, italiana e clásica". Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2005. Consultado o 23 de febreiro de 2005.
- ↑ Lingua e Literaura Españolas
- ↑ Filoloxía galega, hispánica e inglesa
- ↑ Filoloxía galega, hispánica, inglesa (e Tradución e interpretación)