Erronkari (tamén oficial en castelán:Roncal) é un concello de Navarra, situado no meiriñado de Sangüesa, na comarca de Roncal-Salazar e a 90km da capital da comunidade, Pamplona. A súa poboación en 2013 foi de 241 habitantes (INE), o seu termo municipal ten unha superficie de 38,8km² e a súa densidade de poboación é de 6,21 hab/km².
Nota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata. Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata.
A evolución da poboación dende 1900 foi inicialmente ascendente até o censo de 1910 que acadou o máximo de 572 habitantes, a partir do cal foi descendendo paseniño. Dende o ano 1900 até o ano 2014 o descenso foi do -5,4%.
Son típicas as migas do pastor, así como os "calderetes" de cordeiro (guiso de cordeiro con patacas). O produto típico con denominación de orixe é o queixo Roncal.
A economía baséase nunha fábrica de queixo, así coma na gandería e o turismo rural. Asemade, dispón de oficinas bancarias, comercios, biblioteca e un Centro de Interpretación da Natureza, onde se representa a fauna e flora do Val de Roncal, así como se describen as formas de vida.