Saltar ao contido

El Hormiguero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Hormiguero
 Instancia de
Características
 Ambientado en
 Lingua orixinal
 Cor
Implicados
 Produtor/a executivo
 Presentador/a
 Director/a
 Compañía produtora
 Emisora orixinal
Datas
 Data de comezo
24 de setembro de 2006 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Número de episodios
   3.000 Editar o valor en Wikidata
 Número de tempadas
   20 Editar o valor en Wikidata
 Duración
   50 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Fontes e ligazóns
Freebase/m/02zb9w5 Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
IMDB: tt0870872 Facebook: elhormiguero Twitter: El_Hormiguero Instagram: elhormiguero Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

El Hormiguero é un programa de televisión español con espectadores en directo que se centra na comedia, a ciencia e a actualidade. Comezouse a emitir en setembro do 2006 nas tardes do domingo; na actualidade emítese de luns a xoves á noite e os sábados (programa resumo dos mellores momentos). Está presentado e dirixido por Pablo Motos e emítese en Antena 3 (anteriormente en Cuatro), unha canle de televisión española. O programa conta coas colaboracións de Luis Piedrahita(sección de monólogos), Raquel Martos (sección Pillería si, Delincuencia non adicada ó aforro e sección Vaise liar parda sobre a guerra de sexos), Flipy O Científico Tolo (sección de ciencia), Juan e Damián (sección O quiosco), Jandro (sección Experto en...), Marron (seccións Efecto mariposa e Supervivencia) e as marionetas formiga Trancas e Barrancas. Tivo un grande éxito cun índice de audiencia alto, e ampliouse ligando un programa dominical de 120 minutos e un programa diario (de luns a venres) de 40 minutos na súa terceira tempada, que comezou o 17 de setembro do 2007[1][2].

El Hormiguero bateu o seu récord de audiencia o 21 de abril de 2009 coa visita de Hannah Montana, ao ser visto por 2 833 000 espectadores, o que lle reportou unha cota de pantalla do 16,2%[3]. O récord anterior databa do 12 de marzo de 2008, día no que o programa contou coa presenza de David Batista, antigo Campión Mundial de Pesos Pesados, da WWE, alcanzando os 2 731 000 espectadores e un share máximo do 14.6%[4].

Colaboradores

[editar | editar a fonte]

Colaboradores actuais

[editar | editar a fonte]
  • Trancas: É unha das formigas. Presenta o programa xunto con Pablo Motos e as súas compañeiras Barrancas e Petancas. Ponlle voz e movemento Juan Ibáñez Pérez. Propón ao convidado diferentes xogos.
  • Barrancas: É unha das formigas. Presenta o programa xunto con Pablo Motos e as súas compañeiras Trancas e Petancas. Ponlle voz e movemento Damián Mollá. El e Trancas fan diversas preguntas ao convidado e propóñenlle xogos.
  • Petancas: É unha das formigas. Sal de vez en cando no programa xunto con Barrancas e Pablo Motos.
  • Marrón: Realiza a sección de ciencia, antes dirixida por Flipy, e as películas ou series convertidas en musicais. Ao inicio das súas aparicións, sempre realizaba un curioso baile acompañado por Pablo Motos, pero xa non o fai. Antes realizaba as seccións "Maestro empanado", "Efecto mariposa", "Supervivencia", "Toma buena" e "Medicina show".
  • Jandro: É "El experto en todo". Preciase de ser o experto na materia da que trate a ocupación do convidado e proponlle ideas descabeladas en forma de obxectos extravagantes e estraños sen ningún sentido. Sempre di ser o maior fan do convidado. Tamén fai de vez en cando maxia, e ten unha sección mensual con Yunque. Ademais facía cámaras ocultas a nenos.
  • Juan Ibáñez Pérez: Dirixe en colaboración con Damián Mollá. Actualmente fai a sección "Guía de supervivencia para parejas". Pon voz e movemento a Trancas e a Petancas.
  • Damián Mollá: Dirixe en colaboración con Juan Ibáñez Pérez. Actualmente fai a sección "Guía de supervivencia para parejas". Pon voz e movemento a Barrancas.
  • Luis Piedrahíta: Presenta a sección "Timadores al descubierto" e "¿A quién va usted a creer?". Tamén fai trucos de maxia.
  • Yunque: Ten unha sección mensual con Jandro na que fan maxia.
  • Marta Hazas: Presenta a sección Idehazas.
  • Sergio Fernández Meléndez El Monaguillo: Presenta a sección Ingenio Japonés.[5] Tras varios intentos,[6] finalmente consegue que o 27 de xuño de 2017 o renove durante unha tempada.[7]
  • Ana Morgade: Presenta a sección Lo último de Internet.
  • Pilar Rubio: Presenta a sección Los retos de Pilar.
  • Dani Rovira: Presenta a sección Amores perrunos.
  • Manuel Sarriá: Presenta a sección La ruleta loca. Anteriormente facíao con Las cajas de Manolo.
  • Yibing Cao: Presenta a sección Descubriendo China.[8] e presenta as curiosidades máis raras da República Popular China.[9] Substitúe a Anna Simon, tras a súa ausencia debido a súa apertada axenda, pero ao final gañouse un oco no programa.[10]
  • Ernesto Sevilla: Presenta unha sección na que fala dalgún tema. Anteriormente facíao con A mi manera.
  • Cristina Pardo: Presenta a sección Podría ser peor.[11]
  • Nuria Roca: Presenta a sección Nuria on the rocks.
  • Jesús Manzano: Colabora na sección "¿A quién va usted a creer?" xunto a un amigo, Luis Piedrahíta. Anteriormente presentaba monólogos.
  • Carlos Latre: Presenta a sección El teléfono escacharrado con imitaciones.
  • Dani Fontecha: Presenta a sección Don Rogelio. Anteriormente presentaba monólogos.
  • Cristina Pedroche: Presenta a sección Patentes Pedroche. Anteriormente facíao con Cristina, Pedroche y acción.
  • Antonio Resines: Presenta a sección El juez Resines.
  • Sergio González "Suko": Presenta a sección El espía tecnológico onde demostra que Internet coñece todos os nosos datos do que os móbiles nos espían.

Antigos colaboradores

[editar | editar a fonte]
  • Flipy: Realizou a sección da ciencia todos os lunes a xoves ata 2010. O antigo científico tolo que protagonizaba a sección de ciencia do programa. Era un dos colaboradores principais e facía experimentos a diario, ás veces moi complicados, coa axuda de Pablo e os convidados da noite. De vez en cando disfrazábase de muller e actuaba baixo o nome de "Flipa", no papel da súa irmá. Flipa facía o mesmo que Flipy, aínda que sempre se entusiasmaba cos convidados guapos que pasaban polo programa. Levaba unha carpeta recuberta con fotos de famosos. Actualmente, Flipy marchou do programa, abandonando a estes dous personaxes, e Marron sustituíuno.
  • Toño Tejerina (Toño): El Diablo sobre Ruedas", antigo monologuista. Cos seus monólogos demostraba que, incluso nun estado de mobilidade reducida, xamais perde o soriso e o sentido do humor.
  • Raquel Martos: Realizaba seccións como Se va a liar parda o Hashtag luego entre outras.
  • Carlos Jean: Realizaba a sección musical El plan B.
  • David Rubio: Guionista que mensualmente presentaba monólogos.
  • Elsa Punset: Impartía leccións de como ser feliz.
  • Silvia Abril: Facía a sección de cociña.
  • Sergi Mas: Recopilaba as novas máis curiosas da prensa.
  • Anna Simon: Realizaba as seccións Las formas más originales de... e Juega en casa.
  • Los Chunguitos: Realizaban a sección Chunguicine onde comentaban as últimas estreas de cine.
  • El Hombre de Negro: Colaboraba na preparación ou execución de experimentos na sección de ciencia. A partir da cuarta tempda realiza a sección Arte a lo bestia. Coñecido por ser moi sinestro, frío e calado e vestir sempre gabardina negra, botas e lentes de sol, evocando a estética de personaxes da saga fílmica Matrix. Obxecto de admiración das formigas, pero á vez de burla, ás cales ás veces contan chistes sobre el. Irmán de Juan Ibáñez Pérez. En marzo de 2017 abandonou o programa.[12]
  • Mario Vaquerizo: representante, escritor, cantante e colaborador de radio e televisión. Casado con Alaska.
  • Agustín Jiménez: Guionista que mensualmente presentaba monólogos.
  • Mónica Cruz: Participou como colaboradora na 12ª temporada do programa.[13][14] A súa sección chamábase Mónica cool onde ensinaba como sobrevivir ás últimas tendencias.[11]
  • C.J.: Foi unha formiga, filla de Trancas. Presentou o programa xunto con Pablo Motos, Trancas e as súas compañeiras Barrancas e Petancas. Tratábase do fillo de Trancas. Foi característico pola súa unicella, a súa divertida maneira de interromper a Pablo ademais do seu costume de golpear a cabeza coa mesa cando se poñía nervioso.
  • Emilio Aragón: Presentaba a sección Covers, na que facía versións sorprendentes de cancións de todos os tempos.
  • Mario Alonso Puig: Médico especialista en cirurxía xeral e do aparato dixestivo. Axudaba a entender mellor o corpo humano por dentro.
  • Carles Torrecilla: Profesor de economía da ESADE. Axudaba a entender mellor a economía.
  • Patricia Montero: Presentaba a sección La última superviviente, na que daba claves para superar situacións límite.
  • Markus Oberhauser: Como o reporteiro alemán Wolfgang Maier, realizou a sección El español del año e diversas entrevistas a pé de rúa.
  • Javier Botet: Actor que interpretaba á criatura Gresky.
  • Rubén Prieto: Presentaba a sección El gallego sin miedo.
  • Los swingvergüenzas (guionistas do programa).
  • Karlos Arguiñano: Presentaba a sección El teléfono rojo.
  • Álex Clavero: Guionista que mensualmente presentaba monólogos.
  • J.J. Vaquero: Guionista que mensualmente presentaba monólogos
  • Juan del Val: Guionista de varias seccións do programa. Aparece de maneira esporádica durante as intervencións de Nuria Roca e participa no programa como tertuliano.
  • Santiago Segura: Participa no programa como tertuliano. Realizaba seccións como Torrente 5: El casting ou Hay una bronca para ti.
  • Jorge Salvador: É o director do programa. Realiza a sección Momentos y anécdotas vividas en El Hormiguero.

Tempadas e programas

[editar | editar a fonte]
Tempada Canle Programas Estrea Final Audiencia media
EspectadoresCota
1.ª Cuatro 35 24 de setembro de 2006 3 de xuño de 2007 1.127.000 9,7%
2.ª 152 17 de setembro de 2007 9 de xuño de 2008 1.747.000 9,7%
3.ª 201 1 de setembro de 2008 29 de xuño de 2009 1.988.000 11,0%
4.ª 169 31 de agosto de 2009 7 de xullo de 2010 1.610.000 8,7%
5.ª 164 26 de agosto de 2010 30 de xuño de 2011 1.517.000 8,1%
6.ª Antena 3 166 5 de setembro de 2011 12 de xullo de 2012 2.199.000 11,3%
7.ª 162 3 de setembro de 2012 4 de xullo de 2013 2.254.000 11,2%
8.ª 170 2 de setembro de 2013 17 de xullo de 2014 2.451.000 12,8%
9.ª 164 1 de setembro de 2014 9 de xullo de 2015 2.609.000 13,5%
10.ª 161 31 de agosto de 2015 11 de xullo de 2016 2.887.000 15,4%
11.ª 159 5 de setembro de 2016 5 de xullo de 2017 2.696.000 14,8%
12.ª 161 4 de setembro de 2017 5 de xullo de 2018 2.783.000 15,0%
13.ª 163 3 de setembro de 2018 3 de xullo de 2019 2.561.000 14,4%
14.ª 162 2 de setembro de 2019 2 de xullo de 2020 2.408.000 13,9%
15.ª TBA 7 de setembro de 2020 TBA
Total 2006
Pablo Motos xunto ás formigas Trancas e Barrancas no plató do programa El hormiguero durante a sección "Hormiguero Nius".

Programas máis vistos

[editar | editar a fonte]
  1. 30 de xaneiro de 2017: O programa contou coa primeira aparición pública da cantante Isabel Pantoja, 10 meses despois do seu paso por prisión,[15] conseguindo así o seu máximo histórico de audiencia con 4.783.000 espectadores e un 23,8% de cota de pantalla.[16] A entrevista conseguiu o minuto de ouro do día ás 22:54 horas, con 5.996.000 espectadores e un 30% de cota.[17]
  2. 1 de decembro de 2011: Momento máis visto da tempada, cos participantes de Tu cara me suena: Angy Fernández, Santiago Segura, Mónica Naranjo e Julio José Iglesias, Jr. cuxa edición chegou a congregar a 4.709.000 espectadores ás 22:22 horas.
  3. 10 de outubro de 2019: Con Santiago Abascal Conde. Con 4.049.000 espectadores e o 23,5% de cota logra ser o seu terceiro programa máis visto da historia e o segundo coa mellor cota.
  4. 26 de febreiro de 2018: Con Amaia e Alfred García.
  5. 29 de novembro de 2010: Con Justin Bieber.
  6. 21 de abril de 2009: Con Miley Cyrus.
  7. 9 de novembro de 2009: Con Shakira.
  8. 24 de febreiro de 2010: Con Mel Gibson no seu programa 500.
  9. 13 de abril de 2010: Con Selena Gomez.
  10. 23 de xaneiro de 2013: Con Taylor Swift.
  11. 16 de novembro de 2015: O programa rebasa por primeira vez os catro millóns de espectadores (4.172.000) coa visita de Bertín Osborne e consegue a terceira mellor marca da súa historia (20,4%).[18]
  12. 7 de abril de 2015: Consegue ata ese momento o seu récord histórico, coa visita de Isabel Preysler ao programa. O espazo alcanzou 3.855.000 espectadores cun 19,4% de cota de audiencia.[19]
  13. 24 de marzo de 2015: Obtivo o récord histórico de espectadores (ata ese momento), coa quinta visita de Will Smith ao programa, que esta vez se trasladou a Londres para promover a película Focus xunto á actriz Margot Robbie. O espazo logrou 3.697.000 espectadores cun 17,5% de cota de audiencia.[19][20]
  14. 10 de febreiro de 2015: Bateu o seu récord histórico (ata ese momento), cando tivo como convidado ao presentador dos Goya 2015 e gañador do Goya ao actor revelación, Dani Rovira conseguindo 3.599.000 espectadores e 17,6%,[21][19] quedándose a solo tres décimas do récord de cota de pantalla (17,9%) que tiña Antena 3 ata ese momento con Will Smith e o seu fillo o 24 de xuño de 2013. Xa que Cuatro posuía o máximo absoluto (19,7%),[22] tamén con Will Smith, na estrea da quinta tempada o 26 de agosto de 2010.
  15. 20 de xaneiro de 2014: Conquistou o seu récord histórico de espectadores con Adriana Ugarte e Peter Vives como convidados, conseguindo 3.560.000 espectadores e un 16,4% de cota de pantalla.[23][24] Foi a emisión na que se logrou o maior número de espectadores da historia do programa ata finais de 2014.[23][24][19]
  16. 11 de outubro de 2019: Con Santiago Abascal Conde (4.049.000 espectadores e 23,5% de cota de pantalla), conseguindo o minuto de ouro ás 22:49 horas
  17. 26 de agosto de 2010: Con Will Smith e Jackie Chan batiron récord histórico de audiencia (2.442.000 espectadores e 19,7% de cota de pantalla), conseguindo o minuto de ouro ás 22:42 horas (3.496.000 espectadores e 26,5%).
  18. 16 de decembro de 2014: O programa con Frank Cuesta como convidado, situose como o segundo programa máis visto con 3.434.000 espectadores (16,6%).[25]
  19. 31 de agosto de 2015: Estreouse a décima tempada de El hormiguero e conseguiu o máximo histórico de cota de audiencia do programa, coa visita de Alejandro Sanz, reunindo ao 20,5% do público que vía a televisión, o que se traduciu en 3.326.000 espectadores.[26]
  20. 16 de novembro de 2011: Con Justin Bieber obtivo 3.308.000 espectadores e unha cota de 16,3%.[19]
  21. 19 de decembro de 2013: Con Iker Casillas ti 3.200.000 espectadores e unha cota de 16,1%.[19]
  22. 5 de setembro de 2011: Estreouse a sexta tempada con Antonio Banderas como convidado, conseguindo un 17,8% de cota de pantalla con 2.966.000 de espectadores, o que supuxo un récord de espectadores do programa.[27]
  23. 26 de xaneiro de 2017: Con Miren Ibarguren, María Castro e Daniel Guzmán, tivo unha audiencia de 2.929.000 espectadores.[28]
  24. 7 de setembro de 2011: Con Blanca Suárez e Mario Casas rexistraron o programa con maior cota da tempada, cun 18,8% de cota e un total de 2.865.000 espectadores.
  25. 17 de setembro de 2014: Con Pedro Sánchez, conseguindo 2.754.000 espectadores e un 15,5% de cota de pantalla,[29] aumentando 1,5 puntos a cota de audiencia respecto ao mes anterior.[30]

Programas aniversario

[editar | editar a fonte]

Atención dos medios

[editar | editar a fonte]

O programa conseguiu algo de atención internacional en 2006 por ter a xente camiñando a través dunha piscina rechea dun fluído non newtoniano, unha solución de maicena e auga que foi mesturada nun camión formigoneira. Este experimento foi realizado nun programa de outubro de 2006 e foi repetido cunha nova mestura no episodio especial de Noiteboa debido a súa popularidade.[33] Ademais, en 2011 coñeceuse que o vídeo deste experimento foi empregado para explicar a uns alumnos da Universidade de Harvard o funcionamento da mestura. Ademais, realizouse o experimento por terceira vez.

En 2007, El Hormiguero recibiu numerosos premios, como o Premio Ondas ou o premio ao mellor programa de entretemento infantil.[Cómpre referencia] O programa ten moito éxito entre o público infantil e nos xoves. A súa antiga canle, Cuatro, elixiuno como o mellor programa da súa canle, lamentando gravemente a perda deste.

Polémicas

[editar | editar a fonte]

En 2008 cando aínda conducía o seu espazo en Cuatro e non en Antena 3, Pablo Motos e Marron –un dos seus colaboradores – estaban inaugurando unha sección arriscada en El hormiguero («Supervivencia en casos extremos») e case lles custou un desgusto grave. O presentador e o seu acompañante introducíronse nun caldeiro de cristal que foi enchido de cortiza branca para demostrar como sobrevivir unha avalancha, mais o experimento saíu mal e estiveron a piques de asfixiarse, especialmente Marron, que resultou o máis afectado. De feito, foi el quen, cos seus golpes, pediu que abrisen a caixa para poder saír.

En maio de 2011, Mediaset España anunciou a saída de El hormiguero da grella de Cuatro, ao parecer, por diverxencias económicas entre a produtora 7 y acción e Mediaset España. [Cómpre referencia] Poucos días despois anunciouse a fichaxe do programa por Antena 3 onde se emite desde o 5 de setembro de 2011. A mediados de xuño, nas promocións da canle principal de Atresmedia, e tras sucesivas promocións do programa baixo o lema En ocasiones veo treses, deuse a coñecer o que sería o título do programa na súa etapa por Antena 3: mantendo El hormiguero pasou de ser El hormiguero 2.0 a ser El hormiguero 3.0, en clara referencia ao 3 de Antena 3.

Na edición do programa 25 de outubro de 2011, á que acudía como convidado Dani Martín,[34] este foi protagonista dun truco de maxia cunha guillotina durante o cal se finxía que este salía mal e era decapitado de maneira real. Como parte do montaxe, puídose oír a Pablo Motos, pedir a gritos ao camarógrafo que deixara de gravar xusto antes de saír a publicidade, e ao finalizar esta Motos declarou que houbera un problema e que darían explicacións no próximo programa, terminando así a emisión en nota de alarma. A falsa decapitación de Dani Martín en El hormiguero 3.0 causou un rebumbio na rede,[35] dividíndose os usuarios en dous grupos, os que estaban a favor da broma e os que expresaron a súa indignación polo sucedido. Finalmente, o equipo de El hormiguero 3.0 viuse obrigado a pedir desculpas publicamente por non ter aclarado o sucedido antes de finalizar a retransmisión do programa.[36]

En abril de 2017 o programa tivo unha forte polémica. Con motivo de promover a serie de Netflix, Las chicas del cable, o elenco feminino foi a ser entrevistado. Varios medios criticaron o enfoque e as preguntas que realizaba Motos, incluíndo preguntas como se bailaban reaggeton ou que Ahora las chicas se dividen entre las que saben perrear y las que no.[37]

O 11 de setembro de 2019, El Hormiguero ofreceu un premio curioso ao portador dun billete de 10 euros,[38] converténdose en todo un fenómeno viral.

Actores que foron

[editar | editar a fonte]

Modelo:Columns-list

  1. ↑ El Hormiguero pasará a ser diario
  2. ↑ Trancas: "Hace falta que fichemos a una hormiga con un buen culo"
  3. ↑ Novo récord de audiencia coa visita de Hannah Montana
  4. ↑ El hormiguero bate su máximo de audiencia con la visita de Batista
  5. ↑ antena3.com (11 de maio de 2017). "El Monaguillo, a punto de conseguir su renovación en 'El hormiguero 3.0' con los inventos japoneses más ingeniosos". Antena 3 (Madrid). Consultado o 27 de xuño de 2017.
  6. ↑ antena3.com (9 de xuño de 2017). "El Monaguillo no consigue su ansiada renovación pese a la ayuda de Shakira". Antena 3 (Madrid). Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2019. Consultado o 28 de xuño de 2017.
  7. ↑ antena3.com (27 de xuño de 2017). "Pablo Motos ya ha decidido si El Monaguillo renueva o no en 'El hormiguero 3.0'". Antena 3 (Madrid). Arquivado dende o orixinal o 3 de xullo de 2017. Consultado o 27 de xuño de 2017.
  8. ↑ diezmiuntos.es (24 de xaneiro de 2017). "Conoce a Yibing, la nueva colaboradora de 'El hormiguero'". Diez minutos. Consultado o 27 de xuño de 2017.
  9. ↑ Redacción (16 de xaneiro de 2017). "De Usun Yoon a Yibing, la nueva colaboradora de 'El Hormiguero'". Ver tele!. Consultado o 27 de xuño de 2017.
  10. ↑ "¿Es Yibing la sustituta de Anna Simon? 'El hormiguero' responde". Ver tele!. 17 de xaneiro de 2017. Consultado o 27 de xaneiro de 2017.
  11. 1 2 Redacción (31 de agosto de 2017). "'El hormiguero': Cristina Pardo, Miguel Ángel Revilla y Joaquín Sánchez, nuevos fichajes de la temporada". Formula TV. Consultado o 1 de setembro de 2017.
  12. ↑ Televisión (2 de marzo de 2017). "El Hombre de Negro abandona ‘El hormiguero’". La Vanguardia. Consultado o 11 de setembro de 2017.
  13. ↑ "Mónica Cruz, fichaje estrella de la nueva temporada de 'El hormiguero' en Antena 3". OK Diario. Yotele. 28 de agosto de 2017. Consultado o 29 de agosto de 2017.
  14. ↑ Merenciano, Carlos (29 de agosto de 2017). "Mónica Cruz ficha como colaboradora de la nueva temporada de 'El hormiguero'". Formula TV. Consultado o 29 de agosto de 2017.
  15. ↑ Costas, Nayín (30 de xaneiro de 2017). "Isabel Pantoja en 'El hormiguero': prisión, miedos, amor, bailes, pullas y emoción". Vanitatis (Madrid). Consultado o 28 de xuño de 2017.
  16. ↑ EFE (31 de xaneiro de 2017). "La entrevista de Isabel Pantoja en "El hormiguero", lo más visto de 2017". Deia, noticias de Bizkaia. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2017. Consultado o 28 de xuño de 2017.
  17. ↑ "Motos, récord de audiencia con su 'masaje' a la Pantoja". El Plural, periódico digital progresista. 31 de xaneiro de 2017. Consultado o 28 de xuño de 2017.
  18. ↑ Migelez, Xabier (17 de novembro de 2015). "Bertín Osborne, la sorpresa de la temporada, da la campanada en 'El hormiguero'". FórmulaTV. Consultado o 27 de xaneiro de 2017.
  19. 1 2 3 4 5 6 Redacción (8 de abril de 2015). "'El hormiguero' (19,4%) marca récord histórico con la visita de Isabel Preysler". FórmulaTV. Consultado o 27 de xuño de 2017.
  20. ↑ Bolaños, Salvador (25 de marzo de 2015). "'El hormiguero' bate su récord histórico de espectadores con Will Smith y Margot Robbie en Londres". FórmulaTV. Consultado o 28 de xuño de 2017.
  21. ↑ Migelez, Xabier (11 de febreiro de 2015). "'En tierra hostil' bate récord (20,9%) frente a 'Levántate' (21,1%) que llega con gran éxito a Telecinco". FórmulaTV. Consultado o 27 de xuño de 2017.
  22. ↑ Cuatro mantiene el récord de audiencia (19,7%) desde 2010
  23. 1 2 Migelez, Xabier (21 de xaneiro de 2014). "'El tiempo entre costuras' (27,8%) pone el broche de oro a una exitosa trayectoria con récord de audiencia". FórmulaTV. Consultado o 27 de xuño de 2017.
  24. 1 2 "‘El hormiguero’ cierra 2014 con la mejor audiencia de su historia". Teleaudiencias: La enciclopedia televisiva. 22 de decembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2020. Consultado o 27 de xuño de 2017.
  25. ↑ López, Tony (17 de decembro de 2014). "'Velvet' marca récord de temporada con un espectacular 24,2% antes de su parón navideño". FórmulaTV. Consultado o 27 de xuño de 2017.
  26. ↑ Morales, Víctor (1 de setembro de 2015). "'El hormiguero' vive su mejor estreno de temporada y anota récord de cuota de pantalla (20,5%) con Alejandro Sanz". FórmulaTV. Consultado o 28 de xuño de 2017.
  27. ↑ Fernández, Juan Manuel (6 de setembro de 2011). "Pablo Motos responde a Vasile con un dato 'indecente' del 17,8%". Vanitatis. Consultado o 28 de xuño de 2017.
  28. ↑ "En el punto de mira logra récord de cuota de audiencia en la noche de Cuatro". Ver tele! (España). 27 de xuño de 2017. Consultado o 27 de xuño de 2017.
  29. ↑ "'El hormiguero' bate récord de audiencia con Pedro Sánchez". El diario. 18 de setembro de 2014. Consultado o 28 de xuño de 2017.
  30. ↑ Redondo, David (18 de setembro de 2014). "Pedro Sánchez sube la audiencia de 'El hormiguero'". Cadena SER. Consultado o 28 de xuño de 2017.
  31. ↑ "El hormiguero cumple 1000 programas". Antena 3 (Madrid). Atresmedia. 19 de marzo de 2013. Consultado o 29 de agosto de 2017.
  32. ↑ "Pablo Motos, fiesta entre amigos por el programa 1.000 de “El hormiguero 3.0”". Semana. 21 de marzo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2017. Consultado o 29 de agosto de 2017.
  33. ↑ "¡Caminaron sobre el agua! (video)". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 20 de agosto de 2020.
  34. ↑ "Sección de invitados al hormiguero 3.0 en la web de Antena 3".
  35. ↑ "Noticia acerca de la polémica en la edición digital de la Vanguardia".
  36. ↑ "La cabeza de Dani Martín zanjó la polémica en El hormiguero". Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2016. Consultado o 20 de agosto de 2020.
  37. ↑ "Han venido a ser insultadas a ‘El hormiguero’…". elpais.com. 28 de abril de 2017. Consultado o 12 de febreiro de 2022.
  38. ↑ "El billete de 10 euros de 'El Hormiguero' ahora vale 6.000 euros". Diario de Sevilla (en castelán). 12 de setembro de 2019. Consultado o 27 de abril de 2020.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]