Eduardo Araujo Conde
Eduardo Araujo Conde, nado en Vigo en 1900 e finado no mesmo concello o 2 de abril de 1938, foi un sindicalista e político galego.
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1900 Vigo |
| Morte | 2 de abril de 1938 Vigo |
| Causa da morte | morte en combate, ferida por arma de fogo |
| Actividade | |
| Ocupación | político, sindicalista |
| Familia | |
| Irmáns | Marcial Araújo Conde |
Traxectoria
editarIrmán de Marcial e Florencio Araujo Conde. Membro da dirección do Sindicato do Metal de Vigo e militante do PCE dende 1931, en maio de 1935 era o Secretario do Comité Rexional. Foi elixido compromisario para a elección do Presidente da República en maio de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. Reclamado polo xuíz militar de Vigo mediante requisitoria o 10 de decembro de 1936,[1] e novamente reclamado o 20 de decembro xunto co seu irmán José, Álvaro Ballesteros Estévez e outros republicanos de Lavadores e Bembrive.[2] Foi xulgado en Vigo por rebelión militar e declarado en rebeldía. Foi abatido o 2 de abril de 1938 xunto con Álvaro Ballesteros nun enfrontamento cun destacamento falanxista de Cabral.
Vida persoal
editarCasou con Dolores Bastos Martínez e foi pai de Eduardo Araujo Bastos.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Santidrián Arias, Víctor Manuel (2003). Historia do PCE en Galicia (1920-1968). Sada: Ediciós do Castro. p. 104. ISBN 978-84-8485-079-3.