Dominio de primeiro nivel xenérico
Un dominio de primeiro nivel xenérico (generic Top Level Domain ou gTLD) é unha das categorías de dominios de nivel superior que mantén a Internet Assigned Numbers Authority (IANA) para o seu uso no sistema de nomes de dominio de Internet. É visible para os usuarios de Internet como o sufixo ó final dun nome de dominio (ex: .com).
En xeral, IANA actualmente distingue os seguintes grupos de dominios de primeiro nivel:
- Dominios de primeiro nivel de infraestrutura (.arpa)
- Dominios de primeiro nivel xeográficos (ccTLD)
- Dominios de primeiro nivel xenéricos (gTLD)
- Dominios de primeiro nivel internacionalizados (con caracteres distintos do alfabeto latino)
Os dominios de primeiro nivel xenéricos (gTLD) están formados por un mínimo de 3 letras, para diferencialos dos dominios xeográficos (ccTLD), que consisten en códigos de dúas letras asignados a cada país ou territorio. Os dominios xenéricos asígnanse segundo o obxectivo para o que foron creados.
Lista de dominios gTLD
[editar | editar a fonte]A lista actualizada pode consultarse na páxina da IANA.
Dominios gTLD non restrinxidos
[editar | editar a fonte]| Dominio | Uso destinado |
|---|---|
| .com | Uso comercial |
| .info | Información |
| .net | Redes e provedores de Internet |
| .org | Organizacións e asociacións |
Estes dominios non restrinxidos, aínda que inicialmente estaban destinados para un uso específico, son empregados todos eles de xeito comercial debido á saturación do dominio .com. Por exemplo, o feito de que unha páxina utilice o dominio .net ou .org no quere dicir que se trate dun provedor de Internet ou dunha organización.
Dominios gTLD restrinxidos
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Dominio de nivel superior patrocinado.
| Dominio | Tipo | Uso destinado |
|---|---|---|
| .aero | Patrocinado | Industria do transporte aéreo |
| .asia | Patrocinado | Rexión Asia-Pacífico |
| .biz | Xenérico-Restrinxido | Empresas (dominio derivado de businesses: negocios en inglés) |
| .cat | Patrocinado | Cultura e lingua catalás |
| .coop | Patrocinado | Cooperativas |
| .edu | Patrocinado | Educación |
| .gal | Patrocinado | Cultura e lingua galegas |
| .gov | Patrocinado | Goberno dos Estados Unidos |
| .int | Patrocinado | Organismos internacionais |
| .jobs | Patrocinado | Sitios relacionados co emprego |
| .mil | Patrocinado | Forzas armadas dos Estados Unidos |
| .mobi | Patrocinado | Sitios para dispositivos móbiles |
| .museum | Patrocinado | Museos |
| .name | Xenérico-Restrinxido | Persoas |
| .post | Patrocinado | Servizos postais |
| .pro | Xenérico-Restrinxido | Profesionais certificados |
| .tel | Patrocinado | Servizos de telefonía |
| .travel | Patrocinado | Servizos relacionados con viaxes |
| .xxx | Patrocinado | Pornografía |
Outros dominios TLD
[editar | editar a fonte]Dominios do sistema
[editar | editar a fonte]| Dominio | Uso destinado |
|---|---|
| .arpa | Infraestruturas |
| .root | Descoñecido |
Dominios reservados
[editar | editar a fonte]| Dominio | Uso destinado |
|---|---|
| .example | Reservado para o seu uso en exemplos |
| .invalid | Reservado para evitar conflitos |
| .localhost | Reservado para evitar conflitos co uso tradicional de localhost como nome de host |
| .test | Reservado para o seu uso en probas |
Dominios eliminados
[editar | editar a fonte]| Dominio | Uso destinado |
|---|---|
| .nato | Creado para a OTAN, logo de crearse posteriormente o dominio .int foi substituído por .nato.int |