Darío Ulloa
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1848 Pontevedra |
| Morte | 13 de setembro de 1903 Madrid |
| Actividade | |
| Ocupación | xornalista, xuíz |
| Familia | |
| Irmáns | Torcuato Ulloa Carlos Ulloa Varela Renato Ulloa |
Darío Ulloa Varela, nado en Pontevedra en 1848 e finado en Madrid o 13 de setembro de 1903,[1][2] foi un xornalista e maxistrado galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi director de La Idea (1870), redactor de El Radical, participou en Biografías gallegas. Historia y hechos de los personajes más importantes del pais (1876) e colaborou en El Heraldo Gallego. Trasladouse a Madrid, onde foi redactor de La Iberia e La Correspondencia de España e redactor e logo director de La Izquierda Dinástica. Licenciouse en Dereito e seguiu a carreira xudicial: foi xuíz municipal dun dos distritos de Madrid, fiscal en Filipinas, foi maxistrado da Audiencia de Ponce (Porto Rico) e en 1897 da Audiencia da Habana.[3]
Retornado á península Ibérica foi xuíz de Santander, dun dos distritos de Barcelona e despois presidente da Audiencia de Bilbao; en agosto de 1903 foi nomeando maxistrado da Audiencia Territorial da Coruña.[4]
Foi irmán de Carlos Ulloa Varela, Renato Ulloa e Torcuato Ulloa.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Bibliófilos Gallegos. p. 428.
- Ossorio y Bernard, Manuel (1903). "Ulloa (Darío)". Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX. Madrid: Imprenta y litografía de J. Palacios. p. 458.