Saltar ao contido

Coordinadora Alternativa de Lalín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Coordinadora Alternativa de Lalín
 Instancia de
Datas
 Fundación / creación
1987 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
Wikidata

A Coordinadora Alternativa de Lalín (CAL) foi unha agrupación política de esquerdas activa no concello de Lalín a finais dos anos 80 e principios dos anos 90.

Traxectoria e características

[editar | editar a fonte]

A CAL concorreu ás eleccións locais de 1987, nas que conseguiron 599 votos (o 6,19% do total)[1] e un concelleiro na figura de Manuel Igrexas, quen foi substituído por Antonio Presas en 1988. A CAL tamén contaba con figuras coma José Luis Sucasas, Manuel González Aller, Ramón Rodríguez[2] ou Xoán Carlos Vizoso[3][4].

  1. ↑ Ministerio do Interior - INFOELECTORAL[Ligazón morta]
  2. ↑ Asociación Cultural O Naranxo (2017). Ata sempre, camarada. La Voz de Galicia.
  3. ↑ Un abanico político como hace 27 años. Faro de Vigo.
  4. ↑ González Alén, Daniel (2004). Seminario de Estudios de Deza, ed. 25 anos de corporacións democráticas no Concello de Lalín (1979-2004). Lalín. ISBN 84-609-3810-7.