Saltar ao contido

Congreso dos Deputados

 Congreso dos Deputados
 Nome orixinal
    Congreso de los Diputados (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Logotipo
Representación esquemática
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Composto por
 Cargo dirixente
Implicados
 Ten en propiedade
Cifras e dimensións
 Número de escanos
   350 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 Xurisdición
 País
 Coordenadas
Fontes e ligazóns
VIAF134718539 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000119564410 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01zf63 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexP4310321719 Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Facebook: CongresodelosDiputados Twitter: congreso_es Instagram: congreso_diputados Telegram: CongresodelosDiputados Youtube: UCT3tvU3bVxOa3ZiVD-B7h9g BNE: XX121425 Dialnet: 3852227 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

O Congreso dos Deputados[1] é a cámara baixa das Cortes Xerais, o órgano constitucional que representa o pobo español. Reúnese para sesións no Palacio das Cortes, situado na praza das Cortes de Madrid.

A Constitución de 1978 establece un Parlamento bicameral. As Cortes Xerais están formadas polo Congreso dos Deputados e o Senado. Ámbalas dúas Cámaras representan o pobo español. As Cortes Xerais:

  • exercen a potestade lexislativa do Estado.
  • aproban os seus orzamentos.
  • controlan a acción do Goberno.
  • e teñen as demais competencias que lles atribúe a Constitución.

No entanto, este bicameralismo non supón unha equiparación completa entre Congreso e Senado. A Constitución resérvalle ó Congreso unha serie de funcións e facultades que revelan a súa primacía. Deste xeito, o Congreso autoriza a formación do goberno, pode provoca-lo seu cesamento, coñece en primeiro lugar a tramitación dos proxectos lexislativos e dos orzamentos e debe confirmar ou rexeitar as emendas ou vetos que pode aprobar o Senado sobor destes textos lexislativos.

O Congreso dos Deputados ten o seu antecedente máis remoto no Estatuto Real de 1834, outorgado pola raíña María Cristina, rexente durante a minoría de idade de Isabel II, e que estabeleceu por primeira vez en España a configuración bicameral das Cortes, ao dividilas en dous Estamentos: o de Próceres do Reino e o de Procuradores do Reino.

O Estamento dos Procuradores do Reino tiña carácter electivo e unha composición que correspondía netamente á representación das Cidades e Burgos con dereito de voto nas Cortes do Antigo Réxime.

Na Constitución de 1837, aprobada como consecuencia do Motín da Granxa de San Ildefonso que forzou á raíña rexente a sancionala, recolleuse por primeira vez a denominación de «Congreso dos Deputados» para a Cámara Baixa das Cortes Xerais.

Nas sucesivas Constitucións de 1845, 1856, 1869 e 1876 preservaron a configuración do Congreso dos Deputados como unha cámara de representación popular, que nalgúns casos tivo atribuída preeminencia sobre o Senado en materia de forzas armadas e de contribucións e crédito público e control político aos membros do Goberno.

Composición

[editar | editar a fonte]

A Constitución establece que o Congreso contará cun mínimo de 300 e un máximo de 400 Deputados, debendo a lei electoral concretar este número. A normativa vixente (Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral de 19 de xuño de 1985) fixa en 350 o número de membros da Cámara.

Tódolos Deputados son elixidos por sufraxio universal, libre, igual, directo e secreto. A circunscrición electoral é a provincia. A lei electoral asigna dous escanos a cada unha delas e distribúe os demais en proporción á poboación respectiva. Ceuta e Melilla elixen un representante cada unha.


Composición tralas eleccións xerais de España de xullo de 2023

Grupo parlamentario Portavoz Líder Deputados
Popular PP Ester Muñoz Alberto Núñez Feijóo 137
Socialista PSOE: 102
PSC: 19
Patxi López Pedro Sánchez 121
VOX Vox Pepa Millán Santiago Abascal 33
Plurinacional Sumar Moviemento Sumar: 11
Comuns Sumar: 6
Izquierda Unida: 5
Más Madrid: 2
IdPV: 1
MÉS: 1
Verónica Martínez Yolanda Díaz 26
Republicano ERC: 12 Gabriel Rufián 7
Junts per Catalunya JxCAT: 7 Míriam Nogueras 7
Euskal Herria Bildu EH Bildu: 6 Mertxe Aizpurua 6
Vasco (EAJ-PNV) EAJ-PNV: 5 Maribel Vaquero 5
Mixto Podemos: 4
CC: 1
BNG: 1
UPN: 1
Més-Compromís: 1
Non adscrito: 1 [2]
Ione Belarra Ione Belarra
Cristina Valido
Néstor Rego
Alberto Catalán
Agueda Micó
Javier Ortega-Smith
9
Mesa do Congreso dos Deputados[3]
Cargo Titular Lista
Presidenta Francina Armengol SociasPSOE
Vicepresidente primeiro Alfonso Rodríguez Gómez de CelisPSOE
Vicepresidenta segunda José Antonio Bermúdez de CastroPP
Vicepresidenta terceira Esther Gil de ReboleñoSumar
Vicepresidente cuarto Marta González VázquezPP
Secretario primeiro Gerardo Pisarello PradosECP
Secretaria segunda Isaura Leal FernándezPSOE
Secretario terceiro Guillermo Mariscal AnayaPP
Secretario cuarto María del Carmen Navarro LacobaPP

Prerrogativas dos deputados

[editar | editar a fonte]

Os deputados, o mesmo que os senadores, dispoñen de dúas importantes prerrogativas, que a Constitución lles recoñece, non con carácter de privilexio persoal, senón para protexer o exercicio das súas funcións. Inviolabilidade e inmunidade son propiamente garantías institucionais das Cámaras, das que gozan os seus membros en canto participan no desenvolvemento das funcións constitucionais asignadas ó Congreso dos Deputados.

  • A inviolabilidade afecta ás opinións manifestadas e ós votos emitidos no exercicio do cargo representativo e supón a irresponsabilidade polos mesmos. Así e todo, esta irresponsabilidade non ten carácter absoluto, senón só en relación a terceiros estraños á Cámara. No ámbito interno, o deputado está suxeito ás normas de disciplina parlamentaria que, de acordo co Regulamento, aplican o presidente e a Mesa do Congreso.[Cómpre referencia]
  • A inmunidade cobre os actos realizados polo deputado durante o período do seu mandato e supón a prohibición de ser inculpado ou procesado sen a previa aprobación do Congreso, e que a súa detención tan só sexa posible no caso de flagrante delito.[Cómpre referencia]

Os deputados perciben unha asignación económica con cargo ós orzamentos da Cámara, tendo dereito, asemade, a outras axudas (dietas), franquías e indemnizacións por gastos indispensables para o cumprimento das súas funcións.[Cómpre referencia]

Artigo principal: Palacio das Cortes.

O Palacio das Cortes é o edificio que alberga o Congreso dos Deputados. Está situado entre a rúa Zorrilla e a Carreira de San Xerome, a escasa distancia do Paseo do Prado, en Madrid. É un dos edificios emblemáticos do Madrid do século XIX, de estilo neoclásico.

  1. ↑ "Constitución Española (tradución oficial galega)" (PDF). BOE.
  2. ↑ Javier Ortega Smith (Ex membro de VOX)
  3. ↑ "Mesa - Congreso de los Diputados". Consultado o 2022-06-28.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]