Saltar ao contido

Claudio Rodríguez Fer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaClaudio Rodríguez Fer

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1956 Editar o valor en Wikidata (69/70 anos)
Lugo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta, narrador Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Santiago de Compostela
Université de Bretagne-Sud (pt) Traducir
Universidade de Rennes 2 Alta Bretaña
Universidade da Cidade de Nova York
Universidade de París Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoEnsaio Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoMaría Lopo Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeCarmen Blanco García Editar o valor en Wikidata
Premios

Enciclopedia Galega Universal: 179462 BNE: XX1056237 Bitraga: 2665 BUSC: 981013403561707712 Dialnet: 167294
Claudio Rodríguez Fer, 2022.

Claudio Rodríguez Fernández, coñecido como Claudio Rodríguez Fer, nado en Lugo o 6 de abril de 1956, é un profesor e escritor galego que cultiva a poesía, a narrativa, o teatro, o estudo, o ensaio e o guión para audiovisuais.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Claudio Rodríguez Fer e Carmen Blanco García, 2022.

Comezou a escribir poesía xa de rapaz baixo a influencia de seu pai, un home progresista, súa nai mestra e coa lectura dos abundantes libros que tiña súa tía. En 1966 comezou o bacharelato no Instituto Masculino de Lugo e, en 1970, a súa militancia antifranquista no movemento estudantil. Tamén comezou a colaborar regularmente en El Progreso de Lugo, con artigos e críticas de cine. Tamén inicia o seu labor cine-clubístico organizando exhibicións universitarias e redactando folletos para o Club Cultural Valle-Inclán e o Cine-Club Marcos da Portela[1]. Desde 1974 (ese curso universitario comezou en xaneiro e rematou no verán), estudou Filoloxía Hispánica no Colexio Universitario de Lugo e, a partir de 1976, na facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en 1978. Axiña aprobou as oposcións de profesor agregado de Lingua e Literatura Españolas de ensinanza media por oposición libre en Salamanca e catedrático das mesmas materias por oposición libre en Madrid[2], exercendo en Lugo, Santiago de Compostela e Chantada.

É membro do Departamento de Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística, área de Literatura Española, e exerce como docente na Facultade de Humanidades de Lugo. Foi nomeado director da Cátedra Valente de Poesía e Estética, onde custodia o arquivo e a biblioteca persoais doados polo autor ourensán[3], e codirixe a revista de investigación Moenia[4]. Foi profesor das Universidades da Cidade de Nova York, de París-Est Marne-La Vallée, da Alta Bretaña en Rennes e da Bretaña Sur en Lorient.[5]

A súa tese de doutoramento (1990, USC) titulouse A literatura galega en Galicia durante a guerra civil[6] e deu orixe a diversos libros[Cómpre referencia]. Coordina con Carmen Blanco García Unión Libre, Cadernos de vida e culturas,[7] e promoveu a Asociación para a Dignificación das Vítimas do Fascismo.[8]

Deuse a coñecer cos pioneiros poemarios eróticos, enmarcados na natureza e nas cidades de Galicia, Poemas de amor sen morte (1979), Tigres de ternura (1981)[9], Historia da lúa (1984), A boca violeta (1987) e Cebra (1988)[10], libros reunidos en Vulva (1990) e antologados en A muller núa (1992), catro deles ilustrados por Carmen Blanco García. A eles seguiron outros máis nómades, a miúdo escritos fóra de Galicia, mais igualmente caracterizados por un vitalismo erótico radicalmente libertario e pola súa conexión co concepto surrealista do amour fou, así como por ser ilustrados por Sara Lamas: Extrema Europa (1996), A unha muller descoñecida (1997), Viaxes a ti (2006) e Unha tempada no paraíso (2010), este cunha ampla introdución de Olga Novo.

A súa temperá conexión co cine orixinou Cinepoemas (1983, ampliado en 2016 con edición gráfica de Cristina Fiaño), e a súa paixón pola música motivou A muller sinfonía (Cancioneiro vital) (2018). Tamén realizou e publicou mostras de poesía visual, como Criptografías (2018, con prefacio de Antonio Gamoneda, labor reunido na exposición antolóxica na Fundación Granell Corpoética (2018)[11], cuxo catálogo se publicou con textos de Lily Litvak, Olga Novo, Manuel Fernández Rodríguez e Antonio Gamoneda e deseño de Cristina Fiaño. No Centro de Arte Moderna de Madrid expuxo Corpoética infinita (2019). Con obras do multiartista Eugenio Granell realizou o libro de artista Rastros de vida e poesía (2000) e Icebergs (Micropoemas reunidos) (2015).

Lugo blues (1987), con fotos de Eduardo Ochoa, A loita continúa (2004) e Ámote vermella (2009),[12] con gravados de Sara Lamas,[13] compoñen a súa triloxía poética sobre, respectivamente, a memoria histórica da súa cidade natal, de Galicia e da muller libre e represaliada.

Reuniu toda a súa obra poética verbal (os seus doce primeiros libros) en Amores e clamores (2011)[14], obra subdividida en "Ciclo Vulva", "Triloxía da memoria" e "Ciclo nómade", e toda a súa obra narrativa en Contos e descontos (2011)[15], incluíndo os inéditos "Prometeo adolescente" e "O neno que non quería ir á guerra", así como os xa publicados Meta-relatos (1988), con fotos de Eduardo Ochoa, e Os paraísos eróticos (2010)[16], con debuxos de Sara Lamas. Tras viaxar por Romanía publicou o poemario ADN do infinito (2021), ilustrado por Sara Lamas.

De esquerda a dereita: Antón Grande, Antón Méndez, Clara Isabel Morán, Claudio Rodríguez Fer, Manuel Figueiras e Anxo González na Cátedra José Ángel Valente da Universidade de Santiago de Compostela (da que Claudio R. Fer é o director). De fondo os cartafoles co legado documental de Valente.

Así mesmo, dirixiu diversos congresos e encontros e participou en decenas de actas, enciclopedias e revistas europeas e americanas, tendo intervido publicamente en espazos culturais e universitarios de Europa, América e África. Entre outros recoñecementos, no campo da poesía, recibiu o Premio da Crítica Española por Tigres de ternura (1981)[17] e o Día da Poesía Galega 2016 do Padroado da Cultura Galega de Montevideo (Uruguai)[18]; no campo da investigación, por dúas veces o Premio Antón Losada Diéguez, concretamente por Poesía galega e por A literatura galega durante a guerra civil; no campo académico, o Premio Extraordinario de Doutoramento da Universidade de Santiago de Compostela e o doutoramento honoris causa da Universidade da Alta Bretaña en Rennes,[19] e, no campo cívico, a Presidencia de Honra da Asociación Memoria do Exilio dos Republicanos Españois en Brest e o Premio Galiza Mártir da Fundación Alexandre Bóveda.

Foi traducido a numerosos idiomas en antoloxías e revistas de linguas románicas, xermánicas, eslavas e orientais, así como en edicións exentas, como, en castelán, Icebergs (Micropoemas reunidos) (2015) e Anarquista o nada (Poemas de la memoria libertaria) (2016); en inglés, Tender Tigers (2012), Rosalía’s Revolution in New York (2014), Deathless Loves (2015) e New York, New Poems (2022); en francés Voyages à toi (2008), La pièce bretonne (2014), Les amours profonds (2016) e Dialogues impossibles (2018); en italiano, L'ansia di avere le ali (2015); en grego, Πύλες απειράριθμες (2017); en bretón, Muioc'h kalz eget mil bloaz (2000); en romanés, Dincolo de pădure (2018); en catalán, Bellesa o barbàrie (2019); en portugués, Uma temporada no paraíso (2019) etc. O seu poema "A cabeleira",[20] sucesivamente reeditado en edicións políglotas, foi traducido a máis de sesenta linguas en A cabeleira multilingüe (2017), mais tamén existe edición políglota do seu poema Pai meu (Amén, camarada) (2017). O mesmo poeta introduciu e traduciu Musgo / Moss, de Emily Dickinson (2015).

Foi obxecto de tres libros: Por un vocabulario galego do sexo. A terminoloxía erótica de Claudio Rodríguez Fer (1996, Ed. Positivas) e O lume vital de Claudio Rodríguez Fer (1999[21] e ampliado 2008), de Olga Novo, quen tamén o analizou na introdución de Unha tempada no paraíso, e Os mundos de Claudio Rodríguez Fer (1998, Ed. do Castro) de Natalia Regueiro.

En 2025 foi elixido membro da Academia Europea das Ciencias e das Artes para tomar posesión en marzo de 2026.[22]

En 2026 ao xubilarse na USC foi nomeado [23] profesor e persoal investigador ad honorem, con actividade adscrita ao departamento de Lingua e Literaturas Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral.[24]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

É parella de Carmen Blanco García, con quen ten unha filla, Mariña.[25]

[31] 42 páxs. ISBN 978-84-124269-7-7.[32]

  • Nova York, Novos Poemas / New York, New Poems (2022). Small Station Press.[33]
  • A Cabeleira (Fragmentos). Poema en 70 idiomas (2023). Silleda: Fervenza. 141 páxs. ISBN 9788419840059. Ilustracións da cuberta Carmen Blanco. Ilustracións interiores Sara Lamas.[34]

Narrativa

[editar | editar a fonte]

Estudo e ensaio

[editar | editar a fonte]
  • A Galicia misteriosa de Ánxel Fole (1981). Sada: Ediciós do Castro.
  • Antonio Machado e Galicia (1989). Sada. Ediciós do Castro.
  • Poesía galega: crítica e motodoloxía. (1989). Vigo: Xerais. 456 páxs. ISBN 9788475073996.
  • Arte literaria (1991). Vigo: Xerais. 176 páxs. ISBN 9788475075334.
  • José Ángel Valente (1992). Madrid: Taurus. 376 páxs. ISBN 9788430602612. En castelán.
  • A literatura galega durante a guerra civil (1994). Vigo: Xerais. 300 páxs. ISBN 9788475078588.
  • Material Valente (1994). Gijón: Ed. Júcar. 336 páxs. ISBN 9788433483140. En castelán.
  • Acometida atlántica. Por un comparatismo integral (1996). Sada: Ediciós do Castro. 324 páxs. ISBN 978-8474928006.
  • Ánxel Fole, 1903-1986. Unha fotobiografía (1997). Vigo: Xerais. 176 páxs. ISBN 9788483021163.
  • Ánxel Fole. Vida e obra (1997). Vigo: Xerais. 112 páxs. ISBN 978-84-8302-084-5.
  • Guía de investigación literaria (1998). Gíjón: Júcar. ISBN: 84-334-0547-0. En castelán.
  • Borges dende o labirinto galego (2008). A Coruña: Xunta de Galicia. Colección Miradas Alleas, nº 1.
  • Valente: el fulgor y las tinieblas (2008). Lugo: Axac. ISBN 9788493549572. En castelán.
  • Meus amores celtas (2010). Sada: Ediciós do Castro. Libro de memorias.
  • Valente vital (Galicia, Madrid, Oxford) (2012). Cátedra Valente, Universidade de Santiago de Compostela.
  • Borges y todo (Escepticismo y otros laberintos) (2013). Madrid: Del Centro Editores. En castelán. Edición aumentada en 2023.
  • Valente vital (Ginebra, Saboya, París) (2014). Cátedra Valente, Universidade de Santiago de Compostela. En castelán.
  • Valente vital (Magreb, Israel, Almería) (2017). Cátedra Valente, Universidade de Santiago de Compostela. En castelán.
  • Valente infinito (Libertad creativa y conexiones interculturales) (2018). Cátedra Valente, Universidade de Santiago de Compostela. En castelán.
  • Valente epistolar (Correspondencia de José Ángel Valente con sus amistades) (2021). Cátedra Valente, Universidade de Santiago de Compostela. En galego, castelán, inglés, francés e italiano.
  • Santiago Marcos, poeta topo contra el fascismo (2023). Barcelona: El Viejo Topo. En castelán.[35] [36]
  • Poetas concatenados: Cavafis, Cernuda, Valente y Gamoneda (2024). Madrid: Centro Editor. En castelán.
  • O cine na vida e na obra de Ánxel Fole (2024). Lugo: Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá. 28 páxs.
  • Iconografía artística de José Ángel Valente (2025). Andavira.[37]

Edicións

[editar | editar a fonte]

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]

Premios e recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  1. ↑ "Claudio Rodríguez Fer". bvg.udc. Consultado o 21/12/2018.
  2. ↑ "Claudio Rodríguez Fer". Galicia Dixital. Consultado o 20/12/2018.
  3. ↑ "Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética". usc.es. Consultado o 20/12/2018.
  4. ↑ "Moenia". usc.es. Consultado o 20/12/2018.
  5. ↑ "O poeta e profesor da USC Claudio Rodríguez Fer ofrece dous relatorios nas universidades de Alta Bretaña e París". Xornal da USC. 22/03/2017. Arquivado dende o orixinal o 21/12/2018. Consultado o 21/12/2018.
  6. ↑ "A literatura galega en Galicia durante a guerra civil". minerva.usc.es. Consultado o 27/01/2019.
  7. ↑ Unión libre. Cadernos de vida e culturas
  8. ↑ "Asociación para a Dignificación das Vítimas do fascismo". Nome e Voces. Arquivado dende o orixinal o 30/11/2021. Consultado o 21/12/2018.
  9. ↑ crtvg.es (11/11/12). Claudio Rodríguez Fer presenta a reedición bilingüe do poemario “Tigres de ternura” (crtvg).
  10. ↑ Axeitos, Xosé Luís (1, 1990). "O Poema "Cebra" de Claudio Rodríguez Fer : o erotismo como forma de coñecemento". Boletín Galego de Literatura.
  11. ↑ "Claudio Rodríguez Fer. Corpoética". laventanadelarte.es. Consultado o 21/12/2018.
  12. ↑ "«Ámote vermella», crítica en «Nós»". blog.xerais. Arquivado dende o orixinal o 28/05/2020. Consultado o 24/04/2020.
  13. ↑ "Ficha do autor". xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 21/12/2018. Consultado o 21/12/2018.
  14. ↑ Nicolás, Ramón. "Amores e clamores, de Claudio Rodríguez Fer". cadernodacritica. Consultado o 21/12/2018.
  15. ↑ Nicolás, Ramón. "Contos e descontos, de Claudio Rodríguez Fer". cadernodacritica. Consultado o 21/12/2018.
  16. ↑ Nicolás, Ramón. "Os paraísos eróticos, de Claudio Rodríguez Fer". cadernodacritica. Consultado o 21/12/2018.
  17. ↑ "Presentación do libro bilingüe Tigres de Ternura / Tender Tigers de Claudio Rodríguez Fer". usc.es. 27/11/2012. Consultado o 21/12/2018.
  18. ↑ "O Padroado da Cultura Galega de Montevideo dedica o Día da Poesía Galega ao autor lugués Claudio Rodríguez Fer". Xornal da USC. 17/11/2016. Arquivado dende o orixinal o 21/12/2018. Consultado o 21/12/2018.
  19. 1 2 Cristina Fiaño, «Claudio Rodríguez Fer, doutor Honoris Causa pola Universidade da Alta Bretaña: "A interculturalidade forma parte esencial do meu pensamento e da miña obra"» Arquivado 17 de xuño de 2012 en Wayback Machine. (entrevista), "Xornal da USC", 15-5-2012.
  20. ↑ "O autor". acabeleira.com. Consultado o 21/12/2018.
  21. ↑ Novo, Olga (1999). O lume vital de Claudio Rodríguez Fer. L. Follas Novas. ISBN 84-85385-33-0.
  22. ↑ "Claudio Rodríguez Fer, elixido membro da Academia Europea das Ciencias e das Artes". La Voz de Galicia. 2025-05-16. Consultado o 2025-05-16.
  23. ↑ "Taboleiro de anuncios - Sede electrónica". sede.usc.es. Consultado o 2026-08-06.
  24. ↑ De conformidade co establecido no artigo 7 do Regulamento de profesorado e persoal investigador ad honorem da USC aprobado polo Consello de Goberno o día 29 de outubro de 2019, e en execución do acordo adoptado por este mesmo órgano o día 29 de maio de 2026, esta Reitoría, en virtude das atribucións conferidas polo ordenamento xurídico, RESOLVE: Nomear a don Claudio Rodríguez Fernández profesor e persoal investigador ad honorem, con actividade adscrita ao Departamento de Lingua e Literaturas Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, por un período de 3 anos, dende o 1 de setembro de 2026 ata o 31 de agosto de 2029, podendo prorrogarse por dous anos máis e, como máximo, ata que cumpra 75 anos. Unha vez finalizado este período, a condición de profesorado ou persoal investigador ad honorem será vitalicia a efectos honoríficos
  25. ↑ Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Rodríguez Fer, Claudio". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 501. ISBN 84-8064-113-4.
  26. ↑ "Unión Libre" (PDF). unionlibro.org.
  27. ↑ "«Cinepoemas», el niño de Lugo que recibía cartas de Gregory Peck". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-10-06. Consultado o 2021-10-16.
  28. ↑ Nicolás, Ramón (2024-02-23). "«Lugo Blues», un clásico reeditado e renovado". La Voz de Galicia. Consultado o 2024-02-23.
  29. ↑ Requeixo, Armando (2024-03-02). "A medida do noso corazón - Lugo Blues". Tempos Novos. Consultado o 2024-03-03.
  30. ↑ Paz Fentanes, Laura (Abril, maio, xuño 2024). "Claudio Rodríguez Fer regresa a Lugo Blues". Grial LXII (242): 87, 88. ISSN 0017-4181.
  31. ↑ Isma. "Plataforma temática sobre Galicia en Internet". www.galiciadigital.com. Consultado o 2021-12-02.
  32. ↑ Nicolás, Ramón (2021-12-29). "ADN do infinito e outros textos, de Claudio Rodríguez Fer". Caderno da crítica. Consultado o 2022-07-29.
  33. ↑ Requeixo, Armando (24 de xullo de 2022). "A poética neoiorquina de Rodríguez Fer". Letras Atlánticas, Suplemento.
  34. ↑ Arias Cachero, Patricia (outubro, novembro, decembro, 2023). "70 formas de dicir cabelo". Grial LXI (240): 82–83. ISSN 0017-4181.
  35. ↑ Isma. "Plataforma temática sobre Galicia en Internet". www.galiciadigital.com (en castelán). Consultado o 2023-06-12.
  36. ↑ "La historia oculta del poeta topo y sus versos contra los matones franquistas". www.publico.es. 2024-01-05. Consultado o 2024-01-06.
  37. ↑ "Unha viaxe pola iconografía artística de José Ángel Valente Universidade de Santiago de Compostela". www.usc.gal. 2025-06-10. Consultado o 2025-06-12.
  38. ↑ "CLAUDIO RODRÍGUEZ FER E CARMEN BLANCO RECIBEN O ‘GALICIA MÁRTIR’ POLO SEU TRABALLO A PROL DA RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA". fceer.org. 01/09/2014. Consultado o 21/12/2018.
  39. ↑ "Claudio Rodríguez Fer recibe a Medalla Miahai Eminescu “polos méritos da súa actividade cultural nacional e mundial” Universidade de Santiago de Compostela". www.usc.gal. 2023-06-28. Consultado o 2023-06-28.
  40. ↑ "Claudio Rodríguez Fer, Cunqueiriano de Honra este 2024". La Voz de Galicia. 2024-02-10. Consultado o 2024-02-11.
  41. ↑ "Claudio Rodríguez Fer, Premio Babel de Literatura 2025 Universidade de Santiago de Compostela". www.usc.gal. 2025-03-17. Consultado o 2025-03-17.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]