Catwoman (filme)
Catwoman é un filme estadounidense de acción dirixido por Pitof que se estreou no 2004. Está protagonizado por Halle Berry, Sharon Stone, Benjamin Bratt, Lambert Wilson, Frances Conroy e Alex Borstein. O filme está vagamente inspirado na personaxe homónima de DC Comics Catwoman, que é a anti heroína do super heroe Batman.[1] Esta historia está protagonizada por unha personaxe nova, Patience Phillips, que toma o nome de Catwoman como o dunha figura histórica. Foi pobremente recibido pola crítica e pola audiencia, e é comumente listado como un dos peores filmes feitos na historia do cine.
Estreouse en galego na TVG o 23 de setembro de 2009.[2]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Patience Philips (Halle Berry) traballa como deseñadora gráfica para unha empresa de cosméticos, dirixida polo despótico George Hedare (Lambert Wilson) e a súa muller, a supermodelo Laurel (Sharon Stone). Descobre por casualidade un terrible segredo sobre un revolucionario produto de beleza que está a piques de poñerse á venda, e é eliminada por uns sicarios. Porén, misteriosamente, volve á vida cunhas cualidades e unha gran forza. Convértese entón en "Catwoman" e prepara a súa vinganza coa axuda de Ophelia Powers (Frances Conroy).
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Halle Berry como Patience Phillips / Catwoman
- Benjamin Bratt como Detective Tom Lone
- Sharon Stone como Laurel Hedare
- Lambert Wilson como George Hedare
- Frances Conroy como Ophelia Powers
- Alex Borstein como Sally
- Michael Massee como Armando
- Byron Mann como Wesley
- Alex Cooper como Gloria Ojeda
- Kim Smith como Drina
- Peter Wingfield como Dr. Ivan Slavicky
- Berend McKenzie como Lance
- Michael Daingerfield como Policía forense
- Benita Ha como Técnico forense
- James Lloyd Reynolds como Doutor
- Jill Krop como Newscaster
- Dagmar Midcap como Reporteiro de televisión
- Gordon Sharplin como Dono do club
- Ryan Robbins como Camareiro
- Peter Williams como Detective
- Janet Varney como Moza na festa
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 2004: 4 Premios Razzie, peor filme, director, actriz e guión. 7 nomeamentos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "6 Stupid Superhero Movie Recasts". Omglists.com. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2008. Consultado o 2011-01-31.
- ↑ "Catwoman na TVG". Diario Siglo XXI. 22 de setembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2013. Consultado o 26 de decembro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Catwoman na IMDb (en inglés).
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)