Saltar ao contido

Carmen Balboa López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCarmen Balboa López
Biografía
Nacemento1915 Editar o valor en Wikidata
Malpica de Bergantiños Editar o valor en Wikidata
Morte20 de abril de 1998 Editar o valor en Wikidata (82/83 anos)
A Coruña Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo galego Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeRoberto Veloso Gómez Editar o valor en Wikidata
IrmánsBenjamín Balboa López
Jesús Balboa López Editar o valor en Wikidata

Carmen Balboa López, nada en Malpica de Bergantiños en 1915 e finada na Coruña o 20 de abril de 1998, foi unha mestra galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Prisión Provincial da Coruña.

Irmá máis nova de Benjamín Balboa López. Foi mestra nacional. Vivía en Santiago de Compostela. Coñeceu a Manuel Ponte Pedreira en 1945 cando foi detido o seu irmán Jesús. Posto Jesús en liberdade condicional, e ante o temor a ser novamente detido, fuxiu ao monte. Para axudar ao seu irmán Carmen converteuse en enlace da guerrilla, creando con Isabel Ríos unha rede de apoios. Cando caeu María Pérez Mellid, a muller de Benigno Andrade García, o 13 de marzo de 1946, Carmen foi detida. Ingresou na Prisión Provincial da Coruña o 17 de abril de 1946 e foi procesada na causa 159/46 da Coruña contra María Pérez Mellid, Benigno Andrade, Manuel Ponte, Pedro Oso Guerra, Manuel Pena Camino, Francisco Rey Drox, José Vázquez Míguez, Teresa Lorenzo Gallas, e os seus irmmáns Jesús, Anselmo e José Balboa López. Pasou dous anos nas prisións da Coruña e País Vasco. O 25 de novembro de 1947 saíu en liberdade condicional,[1] e instalouse en Santiago, inhabilitada como mestra. Volveu exercer como mestra en Bamiro de 1961 a 1973 e despois no Colexio Labarta Pose de Baio de 1973 a 1980.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Roberto Veloso Gómez en 1962.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]