Brigitte Bardot
Brigitte Anne-Marie Bardot, coñecida como Brigitte Bardot ou BB, nada en París o 28 de setembro de 1934 e finada en Saint-Tropez o 28 de decembro de 2025,[1][2][3][4] foi unha actriz francesa de sona mundial, ademais de cantante e modelo. Foi considerada unha icona sexual dos anos 1950 e 1960. Nos seus últimos anos destacou na defensa dos dereitos dos animais.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla dun industrial, modelo dende os 15 anos, e aparece pola primeira vez en pantalla en 1952 en Le Trou Normand. O filme Et Dieu créa la femme dirixido polo seu home Roger Vadim lanzouna ao estrelato, Bardot foi unha das poucas actrices europeas en recibir atención polos medios de comunicación norteamericanos. En 1954 protagonizou o primeiro filme nos Estados Unidos, Un acte d'amour con Kirk Douglas. En 1965 representouse a si propia en Dear Brigitte con James Stewart.
Bardot retirouse en 1974 despois de protagonizar case 50 filmes e gravar varios discos. Dende entón dedicouse á promoción dos dereitos dos animais. En 1976 creou a Fundación Brigitte Bardot para a protección dos animais en perigo.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]En 1968 foi escollida como modelo para un busto de Marianne, a personificación alegórica da República Francesa.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Films and Music by Brigitte Bardot" (en inglés). Rate Your Music. Consultado o 20 de decembro do 2019.
- ↑ "Daily Celebrations ~ Brigitte Bardot, Cat Transformed" (en inglés). Dailycelebrations.com. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2015. Consultado o 20 de decembro do 2019.
- ↑ "Brigitte Bardot, star mondiale du cinéma et militante infatigable de la cause animale, est morte à l'âge de 91 ans". Franceinfo (en francés). 2025-12-28. Consultado o 2025-12-28.
- ↑ Losa, José Luis (28 de decembro de 22). "Adiós a Brigitte Bardot, sublimación y desprecio del eterno femenino". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 28 de decembro de 2025.
- ↑ "Marianne Brigitte Bardot Arquivado 30 de setembro de 2019 en Wayback Machine.". En Ateliers D'Art des Musées Nationaux.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Brigitte Bardot |