Saltar ao contido

Blanco y Negro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Blanco y Negro
 Título
    Blanco y Negro (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Lingua
Implicados
 Fundador/a
Datas
 Data de remate
1988 Editar o valor en Wikidata
 Fundación / creación
1891 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
2000 Editar o valor en Wikidata
 Data de publicación
1891 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 Lugar de publicación
Fontes e ligazóns
ISSN0006-4572 Editar o valor en Wikidata
OCLC31635018 Editar o valor en Wikidata
BNE: XX3714944 HemBNE: 0005572778 HemBNE: 5446081 BVPH: 1032041
Wikidata C:Commons

Blanco y Negro foi unha revista ilustrada editada en Madrid, fundada en 1891 por Torcuato Luca de Tena y Álvarez Ossorio. Máis adiante converteuse, canda o ABC, na base do grupo Prensa Española. A revista, que tivo varias épocas de publicación, na última delas foi distribuída como suplemento de ABC, cesou definitivamente en 2000.

Foi fundada en 1891 por Torcuato Luca de Tena y Álvarez Ossorio. Máis adiante converteuse en base da editorial Prensa Española, que tamén publicou o xornal ABC.[1] O éxito da revista motivou a creación posterior do diario, de carácter monárquico.

O seu primeiro director foi Eduardo Sánchez de Castilla, aínda que cedo, o 28 de febreiro de 1892, foi relevado polo propio Luca de Tena.[2]

Os rotativos da súa tirada atopábanse no Edificio ABC da rúa Serrano de Madrid. A publicación presentaba a novidade das ilustracións e gozou de gran prestixio polos seus artigos e colaboracións literarias, tendo no seu inicio tiradas próximas aos 20 000 exemplares. Foi a primeira publicación periódica española en utilizar a cor e o papel couché.[3] O 12 de maio de 1912 publicou a primeira fotografía en cor da prensa en España.[4]

Entre 1891 e 1939 editouse de forma continuada. Volveu reaparecer en 1957 como publicación independente, etapa que se prolongou ata 1980. En 1988 reapareceu como suplemento dominical do xornal ABC, ata o seu cesamento definitivo en outubro de 2000. Máis adiante publicouse un suplemento semanal de ABC co nome Blanco y Negro Cultural, que en 2005 pasou a chamarse ABCD Las Artes y Las Letras, tamén semanal.

Primeira etapa (1891-1939)

[editar | editar a fonte]

A revista, que publicou unha serie de almanaques anuais, competiu durante estes anos con outras revistas ilustradas como La Ilustración Española y Americana e Nuevo Mundo.[5]

Durante esta etapa participaron, no aspecto gráfico, viñetistas e humoristas gráficos como Ramón Cilla, Mecachis, Rojas,[6] Joaquín Xaudaró,[7] Teodoro Gascón,[8] Ángel Pons, Sileno[9] ou Melitón González,[10] ademais doutros artistas como Primitivo Carcedo,[11] Eulogio Varela,[12] José Arija,[13] Giuseppe Eugenio Chiorino,[14] Enrique Martínez Echevarría, Adolfo Lozano Sidro, Manuel Benet, Baldrich, José Loygorri, Máximo Ramos, Santiago Regidor,[7] Joaquín Araujo Ruano,[15] Pedro de Rojas,[16] Mariano Pedrero,[17] Julio Gros, Ángel Díaz Huertas, Narciso Méndez Bringa, José García y Ramos, Enrique Estevan y Vicente, Tomás Muñoz Lucena, Cecilio Plá, Francisco Sancha Lengo, Inocencio Medina Vera, Carlos Vázquez Úbeda,[18] Manuel García y Rodríguez,[19] Serafín Avendaño,[20] Alfredo Souto Cuero, Federico Ribas, José Blanco Coris, Juan Martínez Abades,[21] José Moreno Carbonero, Emilio Sala[9] ou Ángel Andrade,[22] que ilustraron as súas páxinas ao longo deses anos.

Obra de Máximo Ramos, publicada en Blanco y Negro en 1903.

Durante a guerra civil foi incautada polo goberno republicano.[23]

Segunda etapa (1957-1980)

[editar | editar a fonte]

Como semanario independente. Case ao mesmo tempo que a revista xuvenil madrileña 3 amigos, edita por primeira vez en España "As aventuras de Tintín":

Terceira etapa (1988-2000)

[editar | editar a fonte]

Como dominical de venda xunto ao diario ABC desde o 6 de marzo de 1988.[25] Incluía Gente Menuda como suplemento dirixido aos nenos. O último número recollido na hemeroteca de ABC para a revista Blanco y Negro é do 29 de outubro de 2000.[26]

Colaboradores literarios

[editar | editar a fonte]

Ao longo da súa historia acumulou un amplo libro de sinaturas de colaboradores literarios. Desde representantes da aristocracia nacional, como Hilda de Toledano (pseudónimo literario de María Pía de Sajonia-Coburgo Braganza) ou a novelista Emilia Pardo Bazán,[27] ata membros da xeración do 98 como Azorín, los Machado, Manuel Abril ou Francisco Villaespesa,[28] pasando por especialistas infantís como Elena Fortún, que estreou en Blanco y Negro o seu personaxe infantil "Celia" un 24 de xuño de 1928.

  1. ↑ Iglesias, Francisco: Historia de una empresa periodística, Prensa Española, 1891-1978. Madrid, Prensa Española, 1980
  2. ↑ "Conviniendo a...". Blanco y Negro (Madrid) (43): 141. 29/2/1892. ISSN 0006-4572.
  3. ↑ Escolar, Hipólito. Historia del Libro, p. 572. Fundación Germán Sánchez Ruipérez, 1988
  4. ↑ A fotografía se titulaba "La primera lección" e amosaba un violinista aprendendo a unha nena a tocar o violín. En ABC (Cultura), 12/5/2003
  5. ↑ Palenque, Marta (2014). "Un diluvio de almanaques. Los almanaques de la prensa ilustrada: Blanco y Negro (1896-1900)". Anales de Literatura Española (en castelán) (26): 327–362. ISSN 0212-5889. doi:10.14198/ALEUA.2014.26.15.
  6. ↑ Conde Martín, Luis (2002). Historia del humor gráfico en España (en castelán). Editorial Milenio. p. 79. ISBN 9788497430586.
  7. 1 2 Almazán Tomás, V. David (1998). "El japonismo en la obra gráfica del ilustrador Joaquín Xaudaró (1872-1933)". Arte e identidades culturales: actas del XII Congreso Nacional del Comite Español de Historia del Arte : 28, 29, 30 de septiembre y 1 de octubre, Oviedo 1998 : homenaje a D. Carlos Cid Priego. Universidad de Oviedo. p. 42. ISBN 9788483170830.
  8. ↑ Jaime Lorén, José María de (2008). "Teodoro Gascón Baquero y sus populares dibujos costumbristas". Cuentos baturros (en castelán). Calamocha: Centro de Estudios del Jiloca. pp. XVI–XVI. ISBN 978-84-611-9914-3.
  9. 1 2 "Más de mil artistas plásticos desfilaron por "Blanco y Negro"". Blanco y Negro (en castelán): 167. 7/5/1966.
  10. ↑ Iñiguez Barrena, Francisca (1999). La parodia teatral en España (1868-1914) (en castelán). Universidad de Sevilla. pp. 85–86. ISBN 9788447205202.
  11. ↑ Palenque, Marta (2011). "El Tren Expreso en cromos y postales o la gloria de Ramón de Campoamor". En Borja Rodríguez Gutiérrez, Raquel Gutiérrez Sebastián (eds.). Literatura ilustrada decimonónica : 57 perspectivas (PDF) (en castelán). Santander: Ediciones de la Universidad de Cantabria. ICEL, Instituto Cántabro de Estudios Literarios. p. 556. ISBN 978-84-8102-617-7. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de febreiro de 2019. Consultado o 11 de marzo de 2024.
  12. ↑ Egido, José Carlos Brasas; Varela Sartorio, Eulogio (1995). Eulogio Varela y la ilustración gráfica modernista en Blanco y Negro. ISBN 8460540170.
  13. ↑ Brasas Egido, José Carlos (2005). José Arija, dibujante modernista de "Blanco y Negro". Estudios de historia y arte : homenaje al profesor Alberto C. Ibáñez Pérez (Servicio de Publicaciones). pp. 445–450. ISBN 8496394301.
  14. ↑ Brasas Egido, José Carlos (2009). "La obra en España de un dibujante de estilo Liberty: Giuseppe Eugenio Chiorino ("GECH")". BSAA Arte (75): 285–296. ISSN 1888-9751.
  15. ↑ Martínez Plaza, Pedro J. (2015). "El pintor Joaquín Araujo Ruano, nuevas aportaciones a su vida y obra". Actas I Congreso Ciudad Real y su provincia III. Ciudad Real: Instituto de Estudios Manchegos. p. 264. ISBN 978-84-87248-43-6.
  16. ↑ Fernández García, Ana María (1997). Arte y emigración: la pintura española en Buenos Aires, 1880-1930. Universidad de Oviedo. pp. 236–237. ISBN 84-7468-929-5.
  17. ↑ Enciclopedia universal ilustrada europeo-americana 42. J. Espasa. 1920. p. 1269.
  18. ↑ García Melero, José Enrique (2012). Literatura española sobre artes plásticas / 2: Bibliografía aparecida en España durante el siglo XIX. Encuentro. pp. 179–180. ISBN 9788499205151.
  19. ↑ Rodríguez Aguilar, Inmaculada Concepción (2000). Arte y cultura en la prensa: la pintura sevillana (1900-1936). Universidad de Sevilla. p. 26. ISBN 84-472-0576-2.
  20. ↑ "No centenario da morte de Serafín Avendaño / Rede Museística provincial de Lugo". redemuseisticalugo.org. 23 de agosto de 2016. Consultado o 2 de julio de 2017.
  21. ↑ Jover Zamora, José M. (2000). ""Cansera", de Vicente Medina. La otra cara del 98". España: cambio de siglo. Real Academia de la Historia. ISBN 9788489512696.
  22. ↑ "Andrade ha vuelto a la Diputación". Diario La Comarca de Puertollano. 15/6/2005. Consultado o 2/7/2017.
  23. ↑ Artigo de Julián Marías nun dos últimos números desa época en Proyecto filosofía en español
  24. ↑ Aventuras en prensa, "Catálogo de Tintín en España", 2011 (en castelán).
  25. ↑ Anuncio del primer número como publicación dominical el 5 de marzo de 1988
  26. ↑ "Blanco y Negro". Hemeroteca de ABC.
  27. ↑ Freire, Ana María. Hispanoamérica en la visión de Emilia Pardo Bazán (un asunto de familia) en Biblioteca Vitual Cervantes
  28. ↑ Lozano Marco, Miguel Ángel. Las colaboraciones de Azorín en "Blanco y Negro": El camino hacia "España: Hombres y paisajes" (1909) en España contemporánea: Revista de literatura y cultura, Tomo 3, Nº 1, 1990, pp. 25-46

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]