Batalla do Nedao
| Batalla de Nedao | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
|
Resultado
Derrota dos hunos | |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata | |||||||||
A batalla de Nedao foi un enfrontamento militar entre os hunos e varios pobos xermánicos, especialmente xépidos e ostrogodos, que tivo lugar en Panonia no 454.[1] Aínda que o río Nedao non está identificado,[2] crese que puido ser o nome dun río afluente do Save.[1]
Contexto
[editar | editar a fonte]Aínda que durante a década de 440, o Imperio Huno avanzou cara Europa Occidental, os reveses na Galia no 451 e na Península Itálica no 452, provocou o seu retroceso. A situación agravouse ao morrer Atila o ano seguinte. Seus fillos, Elac, Hernac e Dengizic, enleáronse nunha auténtica guerra civil para se converteren en herdeiros do imperio[3] e as liortas facilitaron que varios pobos xermánicos que combatían con eles como vasalos, levaran a cabo unha revolta para se independizaren. Ardarico, o rei dos xépidos que fora un dos xenerais máis fieis de Atila, e conselleiro del, liderou a revolta[4] á que, tamén, se uniron os ostrogodos cos seus reis Teodomiro, Valamiro e Videmiro.
Batalla
[editar | editar a fonte]O exército dos hunos foi derrotado e, durante a batalla ou inmediatamente despois, morreu Elac.[5] Deste xeito, xépidos e ostrogodos obtiveron a independencia respecto do imperio dos hunos, que xa empezara a desintegrarse.[1] Os poucos hunos que sobreviviron foron rexeitados por Ardarico e fuxiron cara ao Mar Negro[6] o que deixou ceibes a maior parte dos pobos que, até ese momento, eran vasalos ou dependentes dos hunos.[7] Porén, os hunos, non acabarán desaparecendo totalmente da zona e atacando a eses pobos que se liberaron.[7]
Hipóteses actuais
[editar | editar a fonte]Xordanes afirmou que na batalla de Nedao os ostrogodos loitaran contra os hunos, mais esta tese é rexeitada por historiadores actuais como Herwig Wolfram[8] e Hyun Jin Kim. Este último cre que esta é unha historia inventada e que o propio rei ostrogodo loitou aliado aos hunos.[9] Por outra branda, J. R. Martindale e Franz Altheim aceptan que os ostrogodos estaban entre os vencedores de Nedao, mentres que moitos outros, entre eles Otto J. Maenchen-Helfen, opinan que non tiveran ningunha participación.[10]
Consecuencias
[editar | editar a fonte]Como consecuencia da batalla, o dominio dos hunos sobre Europa Central e Oriental foi decaendo. Resulta difícil reconstruír o curso exacto dos acontementos mais, parece ser que, contra a década de 460 o Imperio Huno foise disolvendo[1] e os xépidos, ruxios, hérulos, suevos e ostrogodos se independizaron para se converteren en federados do Imperio Romano.[11] Os hunos, reorganizados por Dengizic, mudáronse ao leste onde atacaron o Imperio Romano de Oriente e foron, finalmente derrotados en 469. A partir desa data, os hunos desapareceron da historia europea. Outro grupo a cuxo manda estaba Hernac, pactaron un foedus cos romanos que lles permitiron ocupar o territorio nos arredores de Dobruia (Romanía).[12]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 Wolfram 1990, p. 258.
- ↑ Maenchen-Helfen (1973), p. 147.
- ↑ Heather (2006), p. 448.
- ↑ Hodking 1894, p. 29.
- ↑ Gordon 1966, p. 111.
- ↑ Fields 2006, p. 16.
- 1 2 Heather (2006), p. 450.
- ↑ Wolfram 1990, p. 259.
- ↑ Kim 2013, p. 113.
- ↑ Wolfram 1990, p. 448 (na nota 87, reflicte toda a discusión académica sobre o tema).
- ↑ Wolfram 1990, p. 260.
- ↑ Heather (2006), p. 456.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fields, Nic (2006). The Hun: Scourge of God AD 375-565 (en inglés). Oxford: Osprey. ISBN 9781846030253.
- Hodking, Thomas (1894). Theodoric the Goth: The Barbarian Champion of Civilization (en inglés). Londres: G.P. Putnam's Sons.
- Gordon, C.D. (1966). The Age of Attila: Fifth Century Byzantium and the Barbarians (en inglés). Ann Arbor: University of Michigan.
- Heather, Peter (2006). La caída del Imperio romano (en castelán). Barcelona: Crítica. ISBN 84-8432-710-8.
- Kim, Hyun Jin (2013). The Huns, Rome and the Birth of Europe (en inglés). Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-1-107-00906-6.
- Maenchen-Helfen, Otto (1973). The World of the Huns: Studies in Their History and Culture (en inglés). Berkeley: University California Press. ISBN 9780520015968.
- Wolfram, Herwig (1990). History of the Goths (en inglés). Berkeley: University of California Press. ISBN 0520069838.