Saltar ao contido

Banja Luka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Banja Luka
 Nome orixinal
    Бања Лука (sr) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
    Banja Luka (bs) Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
Banilucien (fr)
Banjalučanin (sh-latn)
Banilucienne (fr)
Banjalučanka (sh-latn) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
Fotomontaxe
Características
 Economía
Implicados
 Xefe do goberno
 Membro de
 Ten en propiedade
Datas
 Fundación / creación
6 de febreiro de 1494 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Coordenadas
 Mapas
Mapa de localización
Cifras e dimensións
 Poboación
   185.042 (2013) censo Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   1.238,89 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   163 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal78000 Editar o valor en Wikidata
VIAF130179672 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0222kd Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Wikidata G:Commons C:Commons

Banja Luka é a segunda cidade de Bosnia e Hercegovina cunha poboación de 196 500 habitantes. É tamén a capital da República Serbia e o principal centro da rexión coñecida como Bosanska Krajina. A cidade localízase no noroeste de Bosnia, na ribeira do río Vrbas.

Hai evidencias da presenza romana na rexión durante os primeiros séculos da nosa era, e mesmo un antigo forte no centro da cidade. Os eslavos asentáronse na rexión no século VII e a primeira mención á cidade data de 1494. Durante o goberno otomán Banja Luka foi a capital da provincia de Bosnia, e a fins do século XVI a cidade desenvolveuse enormemente grazas a Ferhat Pasa Sokolovic, que posibilitou que Banja Luka se convertese nun dos centros comerciais e políticos de Bosnia, no século XIX produciuse unha forte emigración serbia nos arredores, pero a cidade permaneceu sendo de maioría musulmá.

A ocupación austríaca supuxo a occidentalización e industrialización de Banja Luka e ao se formar Iugoslavia a cidade converteuse no centro da provincia de Vrbas. Durante a segunda guerra mundial, o réxime Ustasha crota ocupou Banja Luka, os xudeus sefardís foron deportados aos campos de concentración de Jasenovac e Stara Gradiska, e o 7 de febreiro de 1942 os ustashas mataron a 2 500 serbios en Drakulici, Motike e Sargovac (localidades do concello de Banja Luka). En 1969 a cidade foi devastada por un sismo que destruíu moitos edificios.

Logo do establecemento da República Serbia, Banja Luka converteuse de facto no centro da entidade (oficialmente en 2003). Calcúlanse en 70 000 os croatas e bosníacos que tiveron que deixar o municipio entre 1992 e 1995 como parte da limpeza étnica que sufriu a República Serbia, ademais moitos serbios opostos á guerra e á política da República Serbia tamén tiveron que marchar da cidade. As 16 mesquitas da cidade, que databan do século XV e XVI, destruíronse na guerra e aínda non se reconstruíron, en parte pola oposición dunha parte dos serbios.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Banja Luka ocupa uns 96,2 km² na parte noroeste de Bosnia, no río Vrbas. A media de altitude da cidade é de 163m por riba do nivel do mar, e está rodeada de outeiros.

Parque en Banja Luka.

O nacemento do río Vrbas atópase a uns 90 km máis cara ó sur, e os afluentes Suturlija, Crkvena e Vrbanja mestúranse con este río en Bania Luka.

A zona que rodea a cidade componse de bosque, ademais hai importantes montañas un pouco máis lonxe. Banja Luka está construída no val homónimo, que se atopa nunha zona de transición entre montañas altas e baixas. Os cumios máis importantes son Manjača (1 214 metros), Čemernica (1 338 metros) e Tisovac (1 172 metros). Todos eles forman parte dos Alpes Dináricos.

Banja Luka posúe un clima continental, con invernos fríos e veráns cálidos. O mes máis caloroso é xullo, cunha temperatura media de 21,3 Cº, mentres que as temperaturas máis baixas son en xaneiro, cunha media duns 0,8 Cº.

As precipitacións anuais en Banja Luka son de 988 mm. Esta cidade ten unha media de 143 días chuviosos ó ano. Por mor da alta latitude na que se atopa, neva varias veces tódolos anos. Padece de fortes ventos procedentes do norte e do nordeste.

Cidades irmás

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]