Saltar ao contido

Antropoloxía cultural

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antropoloxía cultural
Imaxe
 Subclase de
 Parte de
Implicados
 Practicado por
Fontes e ligazóns
Freebase/m/01n25 Editar o valor en Wikidata
MeSHD000884 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC102690226 Editar o valor en Wikidata
BNE: XX524558
Wikidata C:Commons

A antropoloxía cultural é unha póla da antropoloxía que estuda o ser humano como un ente cultural, entendendo como cultura todo o que a persoa fai sobre a natureza: ferramentas, comercios, prácticas, roupa, casas, relixións, música, relacións sociais, etc. Principalmente trata de explicar as causas dos estilos de vida dos seres humanos,[1] os seus cambios e estancamentos nas culturas de tódolos tempos.[2] Pode axudarse das outras pólas da antropoloxía para aumentar a calidade das conclusións da súa investigación.[1] Algúns autores consideran que a antropoloxía cultural é sinònima da social[1][3] mentres que outros as diferencian.[4] Ámbolos dous poden agruparse baixo o termo "antropoloxía socio-cultural".[5]

En principio, a antropoloxía non fixo distincións entre a física e a cultura, todo está baseado nas leis da evolución de Charles Darwin e estudou as culturas subdesenvolvidas. Coidaban que o desenvolvemento dunha cultura con respecto a outras se explicaba polo tamaño do cranio dos seus habitantes.[6]

Historia da antropoloxía cultural

[editar | editar a fonte]

Os antropólogos europeos consideran a Heródoto o primeiro antropólogo, especialmente antropólogo cultural, porque non só rexistrou o que vía e o que contaban sobre outras culturas senón que tamén se preguntou o porqué das diferenzas entre os pobos.[7]

Máis tarde, os viaxeiros e os colonos dos séculos XVI e XVII tamén se preguntaron o mesmo que Heródoto.[8]

O ensaísta francés Montaigne (que viviu no século XVI) foi un destes viaxeiros e escribiu un ensaio sobre os caníbales. Durante o século XVI houbo discusións teolóxica sobre se os humanos de pel escura tamén eran descendentes de Adán. Os misioneiros españois crían que os habitantes do Caribe non tiña alma.

Durante o século XVII, Hobbes cría que os nativos americanos vivían en estado natural de loita constante.

  1. 1 2 3 Harris 1990, p. 14.
  2. ↑ Harris 1990.
  3. ↑ Mair 1982, p. 9.
  4. ↑ Harris 1990, p. 21.
  5. ↑ Fisher, William F. (21 de outubro de 1997). "Doing good? The Politics and Antipolitics of NGO Practices". Annual Review of Anthropology 26: 439–464. doi:10.1146/annurev.anthro.26.1.439.
  6. ↑ Diccionario de Filosofía (en castelán) (1a ed.). Barcelona: SPES Editorial. 2003. p. 10. ISBN 84-8332-398-2.
  7. ↑ Mair 1982, p. 24.
  8. ↑ Mair 1982, p. 25.