Antolín Silva Vicente
empresario e político galego
Antolín Silva Vicente, nado na Guarda en 1872 e finado na mesma vila en 1943, foi un empresario e político galego.
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1872 A Guarda |
| Morte | 1943 A Guarda |
| maio de 1933 – marzo de 1936 ← Agustín González Sobrino – Manuel Noya → | |
| Actividade | |
| Ocupación | empresario, político |
Traxectoria
editarFoi emigrante a Porto Rico seguindo os pasos do seu irmán máis vello Primitivo Silva Vicente. En Porto Rico traballou nos negocios de tabaco do tamén guardés Luciano Lomba Vicente. Retornou a Galicia e montou unha cetaria de lagostas. Foi elixido como vogal da Sociedad Pro-Monte de Santa Tecla entre 1912 e 1919. Na Segunda República foi elixido concelleiro da Guarda en 1931 e foi síndico. Ocupou a alcaldía entre maio de 1933 e marzo de 1936. Despois do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi perseguido. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas.[1]
Vida persoal
editarCasou en 1898 con Antonia Raimunda Giestal González.
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar| Predecesor: Agustín González Sobrino |
Alcalde da Guarda 1933 - 1936 |
Sucesor: Manuel Noya Gil |