Acisclo Manzano
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 6 de maio de 1940 Ourense |
| Educación | Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo |
| Actividade | |
| Ocupación | escultor |
| Membro de | |
| Movemento | Expresionismo |
| Profesores | Francisco Asorey |
| Premios | |
| |
Acisclo Rogelio Manzano Freire, nado en Ourense o 6 de maio de 1940, é un escultor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou na Escola de Formación Profesional Acelerada e na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela. Traballou nun curto período no obradoiro de Francisco Asorey. Integrouse no grupo "O volter" con Xaime Quessada e Xosé Luís de Dios e no grupo "Sete artistas galegos", con Manuel Buciños, Arturo Baltar, Virxilio Fernández Cañedo e Xavier Pousa Carrera.
Foi medalla nacional de Arte Xuvenil e realizou exposicións individuais en España e fóra dela. No ano 2008[1] é nomeado académico numerario da Real Academia Galega de Belas Artes na sección de escultura.
En 2023 premio Alecrín da Cultura das entidades culturais galegas en Cataluña.[2]
Obra
[editar | editar a fonte]Empezou cun expresionismo de extraordinaria forza. Máis tarde foi cara a formas recluídas, vagamente figurativas. A etapa ibicenca está directamente inspirada nos restos fidianos do Partenón.
Ten ilustrado distintas obras dos escritores Luís González Tosar e Miguel Mosquera Paans.
Publicacións
[editar | editar a fonte]Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Deusa do Deza en Lalín.
- Estatua nas instalacións da Secretaría Xeral para O Turismo, na Barcia (Compostela)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Acisclo Manzano entra en la Academia de Belas Artes con el recuerdo de Quessada, La Voz de Galicia, 27/01/2008 (en castelán).
- ↑ Press, Europa (2023-08-07). "O Festival de Cans recibe este mércores o premio Alecrín da Cultura das entidades culturais galegas en Cataluña". www.europapress.es. Consultado o 2023-08-08.
- ↑ Miguel., Mosquera Paans, ([2008]). Archivos de la memoria y el mar. Ourense: Armonía Universal. ISBN 9788493544942. OCLC 433898666.
- ↑ Región, La. "La poesía de Miguel Mosquera y la plástica de Acisclo Manzano, juntas en un poemario". La Región (en castelán). Consultado o 2018-12-10.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Acisclo Manzano |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pablos, Francisco: Plástica galega. Vigo, Caja de Ahorros Municipal de Vigo, 1981.
- Xunta de Galcia: Acisclo Manzano: as portas da luz, 2004.
- Acisclo Manzano & Xaime Quesada: Memoria e liberdade, 2000.
- Mercedes Gallego Esperanza: Acisclo Manzano, 2017.