Saltar ao contido

A Pobra de Trives

A Pobra de Trives
 Nome oficial
A Pobra de Trives (gl) dende 1994
Puebla de Trives (es) dende 1860 ata 1994
Puebla de Tribes (es) dende 1857 ata 1860
Tribes (es) ata 1857 Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Lista do elemento
Implicados
Localización
 Situado en
 Capital
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
2.837 (2001) rexistro civil
2.807 (2002) rexistro civil
2.721 (2004) rexistro civil
2.686 (2005) rexistro civil
2.664 (2006) rexistro civil
2.619 (2007) rexistro civil
2.564 (2008) rexistro civil
2.549 (2009) rexistro civil
2.511 (2010) rexistro civil
2.456 (2011) rexistro civil
2.388 (2012) rexistro civil
2.319 (2013) rexistro civil
2.280 (2014) rexistro civil
2.245 (2015) rexistro civil
2.191 (2016) rexistro civil
2.150 (2017) rexistro civil
2.118 (2018) rexistro civil
2.067 (2019) rexistro civil
2.014 (2020) rexistro civil
2.015 (2021) rexistro civil
2.019 (2022) rexistro civil
1.977 (2023) rexistro civil
1.968 (2024) rexistro civil
1.929 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   1.037 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   1.030 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   84,2 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   746 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal32780 Editar o valor en Wikidata
Código INE32063 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap344588 Editar o valor en Wikidata
VIAF316733548 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0h0p6g Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 169160 Galiciana: 29343 BNE: XX454936
Wikidata G:Commons C:Commons

A Pobra de Trives é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Trives. Segundo o padrón municipal en 2019 tiña 2.067 habitantes (2 721 en 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «pobrense» ou «trivés».

Demografía

[editar | editar a fonte]
Censo total 2.067 (2019)
Menores de 15 anos 153 (7.40 %)
Entre 15 e 64 anos 1.147 (55.49 %)
Maiores de 65 anos 767 (37.11 %)
Evolución da poboación da Pobra de Trives   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024
5 541 5 446 5 713 5 305 2 721 2 664 2456 2388 2319 2280 2245 2191 2150 2118
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A Pobra de Trives sitúase nos contrafortes occidentais da Serra de Queixa, que superan os 1 500 m (Cabeza dos Bois, 1 707 m e As Chairas de Maceda, 1 685 m), no que se coñece como A Cabeza Pequena de Manzaneda. O terreo baixa cara ao oeste e ás ribeiras do río Bibei, formando vales estreitos e encaixados con grandes desniveis.

O Bibei é o afluente máis importante do río Sil. Nace na Serra da Segundeira, a 1 840 m. de altitude e constitúe case todo o límite norte do concello. Desde a súa marxe esquerda desembocan nel o río Navea e os San Lázaro, Cabalar e Fiscaíño, que rematan en cascadas.

Nas partes altas predomina un clima de montaña e nos vales é case mediterráneo. Os invernos son duros e longos (9 °C) e os veráns mornos (15 °C en xullo). As precipitacións aumentan coa altura e van dos 874 mm do fondo do val aos case 2 000 mm das montañas.

Hai restos de castros, a maioría romanizados, como A Cividá, O Castro, O Castelo ou As Cigadoñas. Os poboadores eran os tiburos, cuxa capital se chamaba Nemetóbriga e que pode corresponder a Trives Vello, Ponte Navea ou Mendoia.

A Vía XVIII do Itinerario de Antonino, coñecida como Vía Nova, entraba por Ponte Navea, atravesaba Trives Vello, Ponte Cabalar, Mendoia, e saía pola ponte do Bibei.

A comezos da Idade Media, a maioría das terras pertencían ao conde de Lemos. Nesa altura, construíronse varios eremitorios e cenobios, como o de Cirragosa, en Cova.

Economía

[editar | editar a fonte]

O concello dedícase ao comercio e ao turismo. Neste ámbito é de salientar o complexo hoteleiro de Cabeza Grande de Manzaneda e a súa estación invernal. Abundan os hoteis e hai un cámping. Entre os cultivos destaca o castiñeiro.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias da Pobra de Trives

Barrio (San Xoán) | O Castro (San Nicolao) | Cotarós (Santiago) | Cova (Santa María) | A Encomenda (Santo Antonio) | Mendoia (Nosa Sra. da Concepción) | Navea (San Miguel) | Pareisás (Santo Antonio) | Pena Folenche (Santa María) | Pena Petada (Santo Estevo) | Piñeiro (San Sebastián) | A Pobra de Trives (Sto. Cristo da Misericordia) | San Lourenzo de Trives (San Lourenzo) | San Mamede de Trives (San Mamede) | Sobrado (San Salvador) | Somoza (San Miguel) | Trives (Santa María) | Vilanova (Santa María) | Xunqueira (San Pedro)

Lugares da Pobra de Trives

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Pobra de Trives vexa: Lugares da Pobra de Trives.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]