O Tio Marcos d'a Portela

periódico de Ourense (1876-1880; 1883-1889; 1917-1919)

O Tio Marcos d'a Portela[1], foi unha publicación aparecida por vez primeira en 1876, sendo daquela editada en Ourense por Valentín Lamas Carvajal. Foi a primeira publicación periódica monolingüe en lingua galega[2].

O Tio Marcos d'a Portela
 Título
    O Tio Marcos d'a Portela (gl) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Lingua
Datas
 Fundación / creación
1876 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
1919 Editar o valor en Wikidata
 Data de publicación
1876 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de publicación
Fontes e ligazóns
Galiciana: 577362
Wikidata C:Commons
Placa colocada na casa onde se comezou a imprimir o xornal, na rúa Lepanto, 18, de Ourense.

Historia e características

editar

Naceu con carácter quincenal, e aos dous meses pasou a ser semanal. Subtitulado Parrafeos c'o pobo gallego, tivo dúas etapas, a primeira dende 1876 ata 1880 e a segunda dende 1883 ata 1889. Cun marcado carácter literario, obtivo un salientábel éxito en toda Galiza, chegando a tirar catro mil exemplares. Amais das seccións literarias, principalmente poéticas, a publicación incluía opinión e actualidade. Mantívose até 1888, cando foi impresa a última edición na cidade de Lugo. Neste mesmo comezou coa publicación nas súas páxinas do Catecismo do labrego, que en 1889 editouse de xeito independente.[3]

Coa mesma cabeceira e o mesmo espírito, as Irmandades da Fala promoveron en Ourense esta publicación entre 1917 e 1919. De carácter quincenal, editáronse 58 números. Dirixida por Higinio Ameijeiras e Xavier Prado Rodríguez, entre os colaboradores figuraban Eladio Rodríguez González, López Abente, Losada Diéguez, Manuel Lugrís e Victoriano Taibo.

Recoñecemento

editar

En 2018 escolleuse o 7 de febreiro como Día dos Medios en Galego para que coincidise co aniversario da publicación do primeiro número, o 7 de febreiro de 1876.[4]

  1. ↑ O xornal titulábase "O Tio Marcos d'a Portela", segundo as normas ortográficas vixentes sería "O Tío Marcos da Portela".
  2. ↑ Historia do xornalismo galego Arquivado 04 de setembro de 2009 en Wayback Machine..
  3. ↑ Carballo Calero, Ricardo (1981). Historia da literatura galega contemporánea. Vigo: Galaxia. p. 411. ISBN 84-7154-391-5.
  4. ↑ "Os medios en galego reivindican o seu papel fundamental para a Galicia do futuro". Galicia Confidencial. 3/2/2018. Arquivado dende o orixinal o 05/02/2018. Consultado o 07/02/2018.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar