O Club Balonmano Cantabria (1975-2008) foi un equipo de balonmán da cidade de Santander (Cantabria). Foi fundado en 1975 co nome de Grupo Deportivo Teka Santander, herdeiro do club La Salle Authi de Los Corrales de Buelna. Foi un dos clubs máis laureados de España e de Europa. Debido a problemas económicos, mudou a súa denominación en 1995, baixo o patrocinio de Caja Cantabria, que abandonou o seu patrocinio en 1999, adoptando o club o nome de Club Balonmano Cantabria e volvendo a Teka, denominándose o equipo Teka Cantabria ata a súa desaparición no ano 2008, tras un breve período no que foi propiedade do Racing de Santander.
A nivel nacional participou na Liga ASOBAL dende a súa fundación en 1990 pola Asociación de Clubs Españoles de Balonmano (ASOBAL) ata a súa desaparición. A Liga ASOBAL foi a herdeira da antiga liga española de balonmán que, entre 1958 e 1990, e coa denominación de División de Honra, organizou a Real Federación Española de Balonmano. En total, o club participou en 18 ocasións na máxima categoría, gañando o título en dúas ocasións (1992-93 e 1993-94). Ademais adxudicouse outros títulos nacionais como a Copa do Rei e a Supercopa de España, ambas en dúas ocasións, ou a Copa ASOBAL, que gañou catro veces. A nivel internacional conquistou nunha ocasión a máxima competición europea de balonmán entre clubs, a Copa de Europa, así como o Campionato Mundial de Clubs, a Recopa de Europa en dúas ocasións, ou a Copa EHF.
Juan Rafael Martínez Buján, nado en Santiago de Compostela o 15 de setembro de 1897 e finado na mesma cidade o 13 de xullo de 1993, foi un pintor galego, ilustrador, escenógrafo, mestre nacional e profesor de debuxo. Formouse na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela e foi discípulo de Mariano Tito Vázquez, especializándose no retrato e na pintura costumista. Comezou a expoñer a súa obra en 1915 e participou en diversos certames artísticos en Galicia e Arxentina. En 1922 obtivo o título de mestre nacional e desenvolveu unha carreira docente sen abandonar a actividade artística. A súa obra caracterizouse pola representación de paisaxes, costumes e tipos populares galegos. Durante a Guerra civil española exiliouse en Cuba, mentres a súa familia permaneceu en Galicia. Na Habana traballou como pintor, escenógrafo e profesor de debuxo no Centro Gallego de La Habana. Tamén participou en actividades políticas de carácter republicano e antifranquista. Despois de 1962 trasladouse a Miami, onde continuou a súa actividade artística e abriu unha galería de arte. A principios dos anos 70 regresou a España.
A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.
O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.
De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 175628 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 384 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.