En 1878, Zasulich e a revolucionaria social María Kolenkina planearon asasinar Vladislav Zhelekhovski, un promotor famoso polos seus procesos contra a militancia revolucionaria, e o coronel Teodor Trepov, gobernador de Petrogrado, que era coñecido por proscribir as rebelións polacas en 1830 e 1863. O atentado contra Zhelekhovski resultou infrutuoso, mais Zasulich conseguiu ferir gravemente Trepov. Foi atrapada, mais no seu amplamente difundido proceso, un xurado favorable a ela declarouna inocente.
Juan Rafael Martínez Buján, nado en Santiago de Compostela o 15 de setembro de 1897 e finado na mesma cidade o 13 de xullo de 1993, foi un pintor galego, ilustrador, escenógrafo, mestre nacional e profesor de debuxo. Formouse na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela e foi discípulo de Mariano Tito Vázquez, especializándose no retrato e na pintura costumista. Comezou a expoñer a súa obra en 1915 e participou en diversos certames artísticos en Galicia e Arxentina. En 1922 obtivo o título de mestre nacional e desenvolveu unha carreira docente sen abandonar a actividade artística. A súa obra caracterizouse pola representación de paisaxes, costumes e tipos populares galegos. Durante a Guerra civil española exiliouse en Cuba, mentres a súa familia permaneceu en Galicia. Na Habana traballou como pintor, escenógrafo e profesor de debuxo no Centro Gallego de La Habana. Tamén participou en actividades políticas de carácter republicano e antifranquista. Despois de 1962 trasladouse a Miami, onde continuou a súa actividade artística e abriu unha galería de arte. A principios dos anos 70 regresou a España.
A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.
O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.
De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 175983 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 395 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.